From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bosníacos[8] (en bosníaco: Bošnjaci, singular masculino: Bošnjak, feminino: Bošnjakinja) son unha nación e grupo étnico eslavo que habita principalmente en Bosnia e Hercegovina. Unha minoría nativa de bosníacos vive noutros países dos Balcáns, especialmente na rexión de Sandžak de Serbia e en Montenegro (onde os bosníacos forman unha maioría rexional), así como en Croacia e Kosovo. Os bosníacos caracterízanse pola súa adherencia á relixión musulmá dende os séculos XV e XVI, pola súa cultura común e pola lingua bosníaca.
Pobo bosníaco | |
---|---|
Rapazas bailando o kolo, unha danza tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 3 millóns (est ) | |
Rexións principais: | |
Bosnia e Hercegovina | 1 769 592[1] |
Estados Unidos | 350 000[2] |
Alemaña | 158 158[3] |
Serbia | 145 278[4] |
Austria | 128 047 |
Suecia | 80 000[5] |
Montenegro | 53 605[6] |
Suíza | 46 773[7] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua bosníaca |
Relixión | islam sunní |
Grupos relacionados | Pobos eslavos |
Arredor de dous millóns de bosníacos viven nos Balcáns, cunha poboación dun millón máis de bosníacos noutras partes do mundo. O xenocidio e limpeza étnica durante a Guerra de Bosnia (1991–95) tivo un forte efecto na distribución territorial da poboación. En parte por mor disto[9] existe unha significativa diáspora bosníaca en varios países, incluíndo Austria, Alemaña, Turquía, Australia, Suecia, o Canadá e os Estados Unidos de América.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.