![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Placas_tectonicas_mayores.svg/langgl-640px-Placas_tectonicas_mayores.svg.png&w=640&q=50)
Placa indoaustraliana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A placa indoaustraliana é unha placa tectónica principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, estendéndose cara ao noroeste para incluír o subcontinente indio e as augas adxacentes.[1] Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos.[2] A fusión ocurriu cando a dorsal oceánica, que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Placas_tectonicas_mayores.svg/640px-Placas_tectonicas_mayores.svg.png)
Esténdese desde a fronteira da India coa China e Nepal, abarcando o subcontinente indio, o leste do océano Índico, Australia, Melanesia e estendéndose ata Nova Zelandia . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.