![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Piraeus-collage-b.jpg/640px-Piraeus-collage-b.jpg&w=640&q=50)
O Pireo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pireo[1] (en grego antigo ou katharevousa: Πειραιεύς Pireéfs ou Piraiévs, en grego moderno - ou neohelénico- Πειραιάς -Pireá(s)-) unha cidade do sueste de Grecia situada na prefectura (nomo) da Ática, a beira do golfo de Exina. Era o porto da antiga cidade de Atenas e foi elixido para funcionar como porto moderno cando esta cidade foi refundada en 1834. É un dos máis activos e importantes de Grecia, así como o porto de referencia para a navegación polas illas do mar Exeo e tamén unha importante escala para as principais compañías navieiras do Oriente Próximo. A súa poboación era de 175.607 habitantes no (2001).
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Πειραιάς (el) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Axencia gobernamental | Decentralized Administration of Attica (en) ![]() | ||||
Periferias | Periferia de Ática | ||||
Unidades periféricas | Pireu (pt) ![]() | ||||
Concello | Piraeus Municipality (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 168.151 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,865 km² ![]() | ||||
Altitude | 2 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Espiridón de Tremitunte ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Yannis Moralis (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 185 00–185 99 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 210 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | piraeus.gov.gr ![]() |
Na actualidade, a pesar da división administrativa, O Pireo é o barrio portuario da cidade de Atenas.
O Pireo é un promontorio rochoso, con tres portos naturais, o máis grande situado no noroeste, que serve como importante porto comercial cara ao leste do mar Mediterráneo, e os dous máis pequenos son utilizados para propósitos navais. O porto ten servizos de transbordadores a case todas as illas do leste de Grecia e moitas do norte e leste do mar Exeo. A parte oeste do porto é usada para servizos de carga e cobre unha grande área.
O Pireo mantense como o maior centro industrial e portuario, e é a terminal para o servizo de trens eléctricos. Ten estaleiros, fábricas produtoras de maquinaria agrícola, vidro, téxtil e produtos químicos. Ademais exporta olivas, aceite de oliva e xabón. Tamén ten unha escola industrial fundada en 1938.