disciplina deportiva From Wikipedia, the free encyclopedia
O piragüismo en augas tranquilas é un deporte no que os piragüistas conducen canoas ou kaiaks en augas tranquilas.
As categorías varían segundo o número de piragüistas por embarcación, a lonxitude do percorrido e se a embarcación é unha canoa ou un kaiak. Ás veces, o piragüismo en augas tranquilas é chamado piragüismo sprint. As distancias recoñecidas pola ICF para as carreiras internacionais de sprint en canoa son 200 m, 500 m e 1000 m. Estas carreiras realízanse en traxectos rectos con cada barco remando no seu propio carril asignado, a diferenza do piragüismo en maratón, onde non hai carrís asignados. Para cada competición poden ser necesarias unha serie de carreiras, semifinais e unha final, segundo o número de competidores.
O deporte está rexido pola Federación Internacional de Piragüismo (ICF), que é a organización mundial de piragüismo e crea as normas estándar para as diferentes disciplinas de competición en canoa e kaiak. A ICF recoñece varias disciplinas competitivas e non competitivas do piragüismo, das que augas tranquilas e augas bravas son as dúas únicas que compiten nos Xogos Olímpicos.
En xeral, Europa ten dominado este deporte, gañando máis do 90 por cento de todas as medallas posibles.
Os barcos oficialmente recoñecidos pola ICF como 'Barcos internacionais' son: K1, K2, K4, C1, C2 e C4, onde o número indica o número de padexeiros, "K" significa kaiak e "C" canoa.[1] As normas ICF para estes barcos definen, entre outros, a eslora máxima, o peso mínimo e a forma das embarcacións. Por exemplo, un K1 debe ter 520 cm de longo e pesar polo menos 8 kg para maratóns ou 12 kg para augas tranquilas. Orixinalmente tamén se aplicaron restricións de anchura; estas foron revocadas no 2000, provocando unha serie de innovacións no deseño de barcos. Os barcos modernos normalmente están feitos de fibra de carbono, kevlar con resina epoxi ou variantes de fibra de vidro de alto rendemento.
Nun kaiak, o padexeiro está sentado no sentido do percorrido e usa un remo de dobre folla. Os kaiaks teñen un temón para axustar a dirección e rumbo, que é accionado polos pés do padexeiro na parte dianteira.[2]
Nunha canoa o padexeiro axeónllase sobre unha perna mentres mantén o outro pé plano sobre o chan da embarcación e voga cun remo dunha soa folla.[1][3] Nas canoas de carreiras, a lámina normalmente é curta e ancha, cunha "cara de potencia" nun dos lados, que é plana ou sen raias. O eixe do remo normalmente é máis longo que o dunha canoa de recreo, porque a posición do padexeiro coloca o remo máis arriba respecto á superficie da auga. Os deseños máis recentes de remos de carreiras de canoa adoitan ter un eixo levemente curvado, normalmente de 12 a 14 graos. Moitos padeeiros de canoa de alto rendemento prefiren a sensación dun mango de madeira cun eixo e unha lámina de fibra de carbono, mentres que case todos os padeeiros de kaiak de alto rendemento usan remos fabricados completamente en fibra de carbono.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.