From Wikipedia, the free encyclopedia
«Piove (Ciao ciao bambina)» é unha canción composta e interpretada en italiano por Domenico Modugno.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Fonit Cetra.[2] Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.[3][4]
«Piove (Ciao ciao bambina)» | ||
---|---|---|
Sinxelo de Domenico Modugno | ||
Lanzamento | 1959 | |
Formato | Disco de vinilo 7" | |
Gravada | 1959 | |
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Italiano | |
Duración | ||
Discográfica | Fonit Cetra | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Domenico Modugno (música) Dino Verde (letra) | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Piove | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1959 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Domenico Modugno (música) Dino Verde (letra) |
Director | William Galassini |
Resultados | |
Posto na Final | 6.º |
Puntos na Final | 9 |
Cronoloxía | |
◄ «Nel blu, dipinto di blu» (1958) | |
«Romantica» (1960) ► |
«Piove (Ciao ciao bambina)» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1959,[3] onde foi interpretada dúas veces, unha por Modugno e outra por Johnny Dorelli.[5]
A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Piove», sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno.[4] A orquestra foi dirixida por William Galassini.[6]
Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» e precedendo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Bélxica.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.