especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro e Siberia, Pinus sibirica (en ruso, Сибирский кедр - Sibirsky Kedr [literalmente: "cedro de Siberia"]) é unha especie arbórea da familia das pináceas, unha das numerosísimas do xénero Pinus.
Pinus sibirica Piñeiro de Siberia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estróbilo e arumes de Pinus sibirica | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pinus sibirica Du Tour, 1803 [2] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1803 polo físico, naturalista e xeólogo francés Étienne-François Dutour de Salvert.[2]
O epíteto específico, sibirica, alude á área de distribución da especie.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimos:[3]
A especie Pinus sibirica é orixinaria de Siberia onde se atopa desde os 58° L, nos montes Urais até os 126 °L nas montañas Stanovoi no sur da República de Sakha, e os 68° N no val baixo do río Ienisei até os 45° N no centro de Mongolia.
Na parte norte da súa área de distribución crece a altitues baixas, entre os 100 e os 200 m, mentres que máis ao sur é unha árbore de montaña, que medra até os 1 000 ou incluso os 2 400 msnm. Moitas veces alcanza a liña de árbores nesta zona.
É un membro do grupo dos chamados piñeiros brancos (xénero Pinus subxénero Strobus). As follas (acículas) están reunidas en fascículos de cinco, cunha vaíña caduca. Miden 5-10 cm de longo. Os estróbilos miden 5-9 cm de lonxitude. As sementes, de 9-12 mm de longo, só teñen restos da á, e son dispersadas grazas á acción do córvido Nucifraga caryocatactes.
Os espécimes maduros alcanzan de 30 a 40 m de altura, e 1,5 m de diámetro do toro. A súa idad máxima é de 800 a 850 anos.
Algúns botánicos tratan ao Pinus sibirica como unha variedade do moi parecido piñeiro cembro (Pinus cembra). Difire do piñeiro cembro en que ten estróbilos máis grandes, e as acículas do siberiano teñen tres canais resiníferos en lugar dos dous do cembro.
Pinus sibirica é un popular árbore ornamental en parques e grandes xardíns en zonas onde o clima sexa frío, como no centro do Canadá, producindo un crecemento constante, peron non rápido, nunha diversidade de lugares. É moi tolerante aos intensos fríos invernais, até case os 60 °C baixo cero, e tamén á exposición ao vento. As sementes tamén se teñen recollido e vendido como piñóns.
Como outros piñeiros brancos europeos e asiáticos, Pinus sibirica é moi resistente ao fungo Cronartium ribicola. A enfermidade causada por este fungo foi accidentalmente introducida desde Europa en Norteamérica, onde causou unha intensa mortandade en moitos piñeiros brancos orixinarios de América, en moitos lugares, en particular ao moi próximo parente Pinus albicaulis.
O Pinus sibirica é de gran valor para a investigación sobre hibridación e modificación xenética para desenvover variedades resistentes ao fungo nestas especies.
O pinoestilbeno é un estilbenoide que se acha, xunto co resveratrol, na casca de Pinus sibirica.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.