From Wikipedia, the free encyclopedia
O pilro de Bering (Calidris tenuirostris) é unha especie de ave limícola, a máis grande das especies do xénero dos pilros, Calidris.
Calidris tenuirostris | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe non reprodutora | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O nome do xénero procede do grego kalidris ou skalidris, termo usado por Aristóteles para referirse a unha ave costeira de cor gris. O nome específico tenuirostris vén do latín e significa 'de peteiro delgado'.[2]
O seu hábitat de reprodución é a tundra do noroeste de Siberia. Aniñan no chan e poñen uns catro ovos nunha depresión que fan no chan. Son fortemente migratorios e pasan o inverno nas costas do sur de Asia ata Australia. Esta especie forma enormes bandadas en inverno. A especie foi rexistrada en pequeno número no oeste de Alasca a maioría dos anos e aparece como ave errante na Columbia Británica, Oregón, Virxinia Occidental e Maine.
A especie ten patas curtas e escuras e un peteiro escuro, delgado e de mediana lonxitude. Os adultos reprodutores teñen partes superiores grises con manchas, con algunhas plumas marróns avermelladas. A face, pescozo e peito teñen moitas manchas negras, e teñen tamén algunhas liñas na parte de atrás do ventre. En inverno a plumaxe faise uniformemente gris clara por arriba.
Esta ave está estreitamente relacionada co máis estendido pilro gordo (Calidris canutus). En plumaxe reprodutor, este último ten unha cara, pescozo e peito vermellos distintivos. Noutras plumaxes, o pilro de Bering pode identificarse polo seu maior tamaño, peteiro máis longo, peito máis ancho, e partes superiores con máis liñas.
Comen en chairas lamacentas e praias, sondando ou peteirando para buscar comida utilizando a vista. Comen principalmente moluscos e insectos.
A IUCN considéraa unha especie ameazada.[1] É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurosiáticas (AEWA).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.