Peto de dorso branco
From Wikipedia, the free encyclopedia
O peto de dorso branco (Dendrocopos leucotos) é un peto euroasiático do xénero Dendrocopos.
Dendrocopos leucotos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Macho de D. leucotos | |||||
Estado de conservación | |||||
Pouco preocupante[1] | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Área de distribución mundial do peto de dorso branco[2] | |||||
Área de distribución do peto de dorso branco en Europa e Asia oriental[2] |
É o máis grande dos petos con pintas do Paleártico occidental, de 24 a 26 cm de longo cunha envergadura alar de 38 a 40 cm e cunha plumaxe similar á do peto real, pero con barras brancas nas ás en vez de pintas, e unha parte inferior do dorso branca. O macho ten a parte superior da cabeza vermella, a femia tena negra.[3]
En Europa, viven dúas subespecies: D. l. leucotos, que vive no norte e centro de Europa, e D. l. lilfordi nos Balcáns e Turquía e polo oeste chega aos Pireneos. Outras dez razas viven na rexión cara ao leste ata Corea e o Xapón. É unha ave escasa, xa que necesita grandes extensións de bosque maduro de folla caduca con grandes cantidades de madeira morta aínda en pé ou caída. O seu número diminuíu en Escandinavia. En Suecia, o declive da súa poboación causou que o goberno promulgase a protección da especie no seu Plan de Acción da Biodiversidade nacional.[4] Na estación reprodutora escava un burato para a nidación duns 7 cm de largo e 30 cm de profundidade no tronco dunha árbore podre. Pon de tres a cinco ovos brancos e incúbaos de 10 a 11 días. Vive predominantemente de escaravellos perforadores da madeira e das súas larvas, así como doutros insectos, noces, sementes e bagas. O tamborileo nos trocos dos machos é moi alto, as chamadas inclúen un débil kiuk e un kweek máis longo.