Pete Townshend
músico británico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Dennis Blandford Townshend, nado o 19 de maio de 1945 en Chiswick, Londres, é un guitarrista e compositor británico de rock coñecido principalmente polo seu traballo con The Who, considerada unha das bandas de rock máis inportantes e influíntes do século XX.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Peter Dennis Blandford Townshend 19 de maio de 1945 (79 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Ark Acton Academy (en) |
Altura | 1.830 mm |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , intérprete de banxo , mandolinista , compositor , guitarrista , cantante , guionista |
Período de actividade | 1962 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, Mandolina, voz, ARP 2500 (pt) e ARP 2600 (en) |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Decca Records Atlantic Records Atco Records Track Record |
Participou en | |
13 de xullo de 1985 | Live Aid (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Karen Townshend (1968–2000) |
Pai | Cliff Townshend (en) |
Premios | |
Páxina web | petetownshend.co.uk |
|
Townshend compuxo máis de 100 cancións para 12 dos álbums de estudio de The Who. Entre estes atópanse álbums conceptuais, as óperas rock Tommy e Quadrophenia, e discos populares como Who's Next; ademais de ducias máis que apareceron como sinxelos, cancións extra de reedicións, e temas en recompilatorios de rarezas como Odds & Sods (1974). Tamén compuxo máis dun cento de temas que apareceron nos seus álbums en solitario, ademais de jungles de radio e sintonías de televisión.
Como instrumentista, aínda que é coñecido principalmente como guitarrista, Townshend tamén toca teclados, banxo, acordeón, harmónica, ukelele, mandolina, violín, sintetizadores, baixo e batería, aprendendo a tocar todos estes instrumentos de forma autodidacta.