![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Minerva_verandert_Perdix_in_een_vogel.jpeg/640px-Minerva_verandert_Perdix_in_een_vogel.jpeg&w=640&q=50)
Perdix (mitoloxía)
personaxe da mitoloxía grega, sobriño de Dédalo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Perdix (en grego antigo, Πέρδιξ) foi un rapaz ateniense, fillo de Policasta, irmá do arquitecto Dédalo, de quen foi discípulo. Tamén se lle coñece por Talos [1] (ou Calos), ou Talo [2]. Pero tamén se di que este Talos foi o pai de Hefesto, froito das relacións coa deusa Hera [3].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Minerva_verandert_Perdix_in_een_vogel.jpeg/640px-Minerva_verandert_Perdix_in_een_vogel.jpeg)
Algúns mitógrafos, como Pseudo-Apolodoro dan o nome de Pérdice ou Perdix á nai e reservan o de Talo para o fillo [4]. Hixino dá o nome de Perdiz ó rapaz nas fábulas 39 e 244, e de Perdix na fábula 274. Ovidio, nas súas Metamorfoses, tamén o denomina Perdiz (Ovidio VIII).