From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos peramelinos (Peramelinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos e familia dos peramélidos.[1]
Peramelinos Peramelinae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perameles gunni | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Todos os membros da subfamilia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.
A subfamilia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Philos., n.s., 10: 336.[1]
O nome científico da subfamilia, Peramelinae, está formado sobre a base do nome Perameles, o seu xénero tipo, coa adición da forma sufixa do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[2]
É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelinae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).
Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está fomada por dous xéneros coas especies e subespecies seguintes:
Subfamilia Peramelinae
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.