Península de Chukotka
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Chukotka (en ruso: Чукотский полуостров) ou Chukchi (en ruso: Чукотка) é unha península que constitúe o extremo nororiental de Siberia, de Rusia e do continente asiático. A península de Chukotka está enfrontada á americana península de Seward, sendo ambas os extremos do estreito de Bering.
Tipo | península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Chukotka, Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Chukchi, Estreito de Bering e Golfo de Anadyr | ||||
Características | |||||
Punto máis alto | Iskhodnaya (en) (1.843 m ) | ||||
Administrativamente, a península forma parte do distrito autónomo de Chukotka da Federación de Rusia.[1]
A península de Chukotka está bañada polas augas do mar de Chukchi ao norte, polo mar de Bering ao sur e polo estreito de Bering, ao leste. A península ten unha lonxitude máxima duns 960 km en dirección SE-NW, cunha largura no istmo duns 500 km. A súa largura media é de 300–400 km, aínda que no extremo oriental ten unha subpenínsula duns 200 km de largo (cunha superficie aproximada duns 50 000 km²). Ás veces, só esta subpenínsula é considerada como a península de Chukotka.
As costas da península comezan, ao oeste, na desembocadura do río Chaun (na baía Chaunskaya) e finalizan, ao leste, na desembocadura do río Anadyr (no golfo de Anadyr). Esas costas son unha das etapas da ruta do Mar do Norte ou paso do nordés.
No extremo oriental da península está o cabo Dezhneva (preto do asentamento de Uelen), que é o punto máis oriental de Asia.
A península foi tradicionalmente o fogar dos nativos chukchi, que continúan a vivir nela xunto con outros pobos, iupiks siberianos, koryaks, chuvans, evens, yukaghirs e algúns colonos rusos.
A principal actividade económica é a minaría, con explotacións de zinc, ouro e carbón. Tamén se practican a caza, fundamentalmente de renos, a pesca e o turismo de vida silvestre.
En 1648, Semion Dezhniov e Fedot Alekseyev Popov lideraron unha expedición, de entre 90 e 105 persoas, que partindo da desembocadura do río Kolyma alcanzou a desembocadura do río Anadyr. A bordo de sete kochs (pequenas naves cosacas aptas para navegar na banquisa), levoulles dez semanas de navegación acadar o esteiro do Anadyr tras bordear completamente a península de Chukotka. Esa expedición descubriu que Asia non estaba unida por terra con Alasca. A participación de Dezhniov nesa parte da viaxe non está documentada, e só as actividades de Fedot Alekseyev poden documentarse.
Díxose que na península estaban situados o campo de prisioneiros e a mina onde Cornelius Rost afirmou que estivo preso, como se describe no libro As Far as My Feet Will Carry Me de Josef Martin Bauer. Non obstante, a existencia dun campo nesa época foi refutada.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.