![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Menschenhaar_200_fach.jpg/640px-Menschenhaar_200_fach.jpg&w=640&q=50)
Cabelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cabelo ( pronunciación (axuda · info)) ou pelo é a continuación da pel cornificada, e contén unha fibra de queratina, constituída por unha raíz e unha base, que se forma nun folículo da derme, e constitúe o trazo característico da pel. Cada un dos pelos consiste nunha raíz localizada nun folículo piloso e nun tallo que se proxecta cara a arriba por enriba da superficie da epiderme. A raíz agrándase na súa base. A zona papilar está composta de tecido conxuntivo e vasos sanguíneos, que proporcionan ao xeito as substancias necesarias para o seu crecemento.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Menschenhaar_200_fach.jpg/640px-Menschenhaar_200_fach.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Hair.jpg/220px-Hair.jpg)
Unha glándula sebácea desemboca dentro de cada folículo. Existe un feixe de fibras musculares lisas unidas a cada pelo. A contracción dos músculos fai que o pelo se levante, cambiando así o seu ángulo con relación á pel. Este proceso incrementa as posibilidades aislantes da cuberta do pelo, proporcionando así un mellor abrigo contra o frío.
O talo comprende tres capas. A medula, que consiste en células queratinizadas, laxamente unidas, e que está presente soamente nos pelos máis grosos (pelo de garda). O espazo intercelular está cheo de aire. A medula está rodeada da cortiza, fortemente adherida. Na cortiza fíxanse a maioría dos gránulos de pigmento. A súa superficie áchase cuberta cun tegumento, no que as células poden estar adheridas ou ben separadas nas porcións terminais, formando escamas.
O pelo sofre continuadas modificacións. Cando termina de crecer, a reprodución das células indiferenciadas da base do folículo tamén se detén, a raíz faise progresivamente máis estreita, e as células que se atopan encima da papila sofren un proceso de cornificación. Finalmente, a raíz sepárase da papila do pelo, e este cáese. Antes de que se desprenda, iníciase a formación dun novo pelo na base do folículo.