Folículo piloso
From Wikipedia, the free encyclopedia
O folículo piloso é un órgano que se encontra na pel dos mamíferos, de onde nacen os pelos.[1] Encóntrase na capa dérmica da pel e está constituído por ata 20 tipos celulares, cada un con distinta función. O folíuclo piloso regula o crecemento do pelo por medio de complexas interaccións entre hormonas, neuropéptidos e células inmunes.[1] Esta complexa interacción induce que o folículo piloso produza os diferentes tipos de pelos ou cabelos que crecen nas distintas partes do corpo. Por exemplo, o crecemento de cabelos terminais no coiro cebeludo e de pelos de lanugo que cobren o corpo do feto no útero e nalgúns bebés ao naceren.[1] O proceso do crecemento do pelo ocore por medio de distintas etapas secuenciais. A primeira etapa chámaxe anáxena e é a fase de crecemento activa, a telóxena é a fase de repouso, a catáxena é a regresión da fase de folículo piloso, a exóxena é a fase de caída activa de pelo e, finalmente, a quenóxena é a fase entre o folículo piloso baleiro e o crecemento de novo pelo.[1]
Folículo piloso | |
---|---|
Folículo piloso | |
Fotografía de pelos dun brazo humano saíndo de folículos | |
Latín | Folliculus pili |
Sistema | Sistema tegumentario |
Arteria | Supratroclear, supraorbital, temporal superficial, occipital |
Vea | temporal superficial, auricular posterior, occipital |
Nervio(s) | Supratroclear, supraorbital, occipital maior, occipital menor |
Linfa | Occipital, mastoide |
A función dos pelos humanos interesou desde longo tempo e continúa sendo un asunto importante na sociedade, bioloxía do desenvolvemento e medicina. De entre todos os mamíferos, os humanos teñen a fase de crecemento dos cabelos do coiro cabeludo máis longa en comparación co crecemento do pelo noutras partes do corpo.[1] Durante séculos, os humanos déronlle unha importancia estética aos cabelos e estilo de corte de pelo e peiteado e a miúdo é unha forma de comunicación social ou de normas culturais da sociedade. Ademais do seu papel en definir a aparencia humana, os cabelos do coiro cabeludo tamén proporcionan potección conta os raios UV do sol e son un illante fronte o frío ou calor extremos.[1] As diferenzas na forma dos folículos pilosos do coiro cabeludo determinan as diferenzas étnicas observadas na aparencia, lonxitude e textura do cabelo.
Existen moitas enfermidades humanas nas cales as anormalidades no aspecto, textura e crecemento do pelo son signos de enfermidades locais dos folículos pilosos ou de enfermidades sistémicas. Entre as enfermidades máis coñecidas dos folículso pilosos están a alopecia ou perda de pelo, hirsutismo ou exceso de crecemento de pelo e lupus eritematoso.[2]