militar e gobernador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Osores de Ulloa ás veces escrito como Osorez, nado en San Juan de Sa[1] (Galicia) cara a 1540 e finado en Concepción (Chile) o18 de setembro de 1624, foi un militar e administrador galego que, sendo xa octoxenario, desempeñou o cargo de gobernador e presidente da Real Audiencia de Chile entre novembro de 1621 e setembro de 1624. En canto á guerra de Arauco, opúxose á estratexia denominada guerra defensiva, preconizada polas xesuítas e sobre todo o pai Luis de Valdivia. O seu goberno marcou o fin definitivo de dita política.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1554 (Gregoriano) Galicia, España |
Morte | 18 de setembro de 1624 (69/70 anos) Concepción, Chile |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Osores levara a vida azarosa dun militar do seu século. Pelexou na batalla de Lepanto en 1571, atopándose a bordo da galera San Francisco de España, a primeira en romper os lumes. Tras outras accións desa guerra, permaneceu 18 meses prisioneiro en Alxer.
En 1586, enfermou gravemente en Cádiz, para despois pasar a América co cargo de corrixidor da rica cidade arxentinífera de Potosí (1587), onde foi acusado de ostentar un carácter arbitrario, mentres que doutra banda atribúeselle o dirixir a salvación de 400 indíxenas atrapados nunha mina.
Por mor das incursións de Cordes e Noort, levantou bandeira de enganche e participou nas infrutuosas manobras en persecución dos holandeses, polo que foi promovido a mestre de campo. A estas alturas Osores era rico e propietario de facendas, viñas e enxeños mineiros en Potosí.
Foi promovido a gobernador de Huancavelica (1620), provincia de especial importancia entón polas súas minas de mercurio, requirido na extracción do ouro.
A pesar da súa riqueza persoal e a ser membro destacado da sociedade do vicerreinado e integrante da orde de Calatrava, téñense antecedentes de que, en xeral, non foi visto con bos ollos polos diversos vicerreis, que lle atribuían dificultades de carácter.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.