Pavo doméstico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pavo doméstico[1] (Meleagris gallopavo), tamén coñecido como perú ou pirú, é unha ave de curral de gran tamaño utilizada na alimentación humana, fundamentalmente pola súa carne, e en moita menor medida polos seus ovos. Foi introducido como ave doméstica a partir do pavo en case todo o mundo. A maior demanda de carne de pavo ocorre nos países castelanfalantes para a data de Nadal, mentres que nos de cultura anglosaxoa para o día de Acción de Grazas.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pavo (homónimos).
Máis información Pavo domésticoMeleagris gallopavo Rango fósil: Mioceno - actualidade, Clasificación científica ...
Pavo doméstico Meleagris gallopavo Rango fósil: Mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho dun pavo de California | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Meleagris gallopavo Linnaeus, 1758 |
Pechar
O agriotipo desta ave domesticada é o pavo mexicano (Meleagris gallopavo mexicana), unha subespecie do pavo común (Meleagris gallopavo), especie que aínda vive nas fragas de América do Norte.