Día de Acción de Grazas
celebración tradicional de Estados Unidos e Canadá / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Día de Acción de Grazas, en inglés Thanksgiving, é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e o Canadá, e habitual tamén no Brasil, nalgunhas illas caribeñas, en Liberia e en diversas comunidades de inmigrantes estadounidenses en Centroamérica e Israel.
Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, aínda que orixinalmente se facía o último xoves. No Canadá, pola súa banda, celébrase o segundo luns de outubro. Xeralmente, nesta festividade reúnense arredor dunha mesa familiares e amigos a compartir un banquete. Trátase dunha festividade de orixe relixiosa.