esgrimista belga From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Anspach, nado en Burcht o 1 de abril de 1882 e finado en Bruxelas o 28 de agosto de 1981, foi un tirador de esgrima belga, que competiu nas modalidades de espada e florete.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1882 Burcht, Bélxica |
Morte | 28 de agosto de 1981 Bruxelas, Bélxica |
Presidente Fédération Internationale d'Escrime | |
1933 – 1948 | |
Secretario Xeral Fédération Internationale d'Escrime | |
Actividade | |
Ocupación | tirador de esgrima. |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Nacionalidade deportiva | Bélxica |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) (medalla de prata olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team épée (en) (medalla de prata olímpica) |
1912 | fencing at the 1912 Summer Olympics – men's épée (en) (medalla de ouro olímpica) |
1908 | fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team épée (en) (Medalla de bronce olímpica) |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Familia | Anspach family (en) |
Pai | Armand Anspach-Puissant |
Anspach participou en catro olimpíadas co equipo de esgrima belga (1908, 1912, 1920 e 1924).[1]
Anspach naceu nunha familia xudía[2] en Burcht (Bélxica)[3]
Foi o capitán do equipo nacional belga de espada de 1909 a 1928. A súa primeira participación dunha olímpiada foi nos xogos de Londres en 1908, competindo en espada, tanto no equipo individual como por equipos. Levando Bélxica a medalla de prata por equipos; Anspach gañou 10 dos seus 15 asaltos. Na compeción individual, chegou ás finais, quedando quinto. Tamén participou en sabre, chegando á segunda rolda.[3]
Nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo logrou a medalla de ouro en espada tanto en individual como por equipos. Entre os seus compañeiros de equipo estaba o seu irmán Henri Anspach, o recoñecido artista Jacques Ochs e Gaston Salmon. Na competición individual, gañou 6 das 7 loitas para gañar o ouro, perdendo só contra o británico Edgar Seligman. Anspach chegou tamén ás semifinais na competición de florete individual, antes de ser eliminado, quedano o 12º.[3][4]
A seguinte competición olímpica de Anspach foi en 1920 nos Xogos de Anveres, gañando unha medalla de prata en espada por equipos.[2][3] A súa derradeira Olimpíada foi en 1924 en París, alí chegou ás finais en espada individual, quedando en 9º lugar e en espada por equipos chegou de novo ás finais, rematando Bélxica en 2ª praza, polo que levou a medalla de prata.[3]
En 1951 Anspach converteuse no primeiro gañador do Taher Pacha Trophy, establecido en 1950 por H.E. Mohammed Taher Pacha no que o COI premia anualmente a un atleta pola súa especial distinción no nome do Olimpismo[5]
En 1976 Anspach levou a Medalla de Prata da Orde Olímpica,[1][4] e nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, o Comités d'organisation des Jeux Olympiques (COJO) convidou a Anspach a tomar parte na cerimonia da transmisión do Facho Olímpico de Atenas a Ottawa, pero debido á súa idade os médicos desaconselláronlle a viaxe, non obstante Anspach declarou que quedaba recoñecido polo privilexio que lle outorgaban .[6]
Anspach colaborou na formación do Comité Olímpico Belga en 1906.[1][7]
En 1913 foi un dos fundadores da Federación Internacional de Esgrima ("Fédération Internationale d'Escrime", ou FIE).[4], servindo como o seu secretario xeral e como presidente de 1932 a 1939, ano no que debido á segunda guerra mundial suspendeu as súas actividades, retomou o posto en 1946, ata 1950.[4]
En 1914 no Congreso Olímpico de París foi o secretario.[8] e coa marqués de Chasseloup-Laubat deseñou as normas da esgrima como deporte olímpico.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.