artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Vanuatu, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Vanuatu ratificou a convención o 13 de xuño de 2002, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Os dominios do xefe Roi Mata foi o primeiro lugar de Vanuatu incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada na cidade de Quebec (o Canadá) en 2008.[4] É o único sitio de Vanuatu declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Dominios do xefe Roi Mata | Efaté | 2008 | 1280; iii, v, vi (cultural) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.