artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Irlanda, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República de Irlanda, país que ocupa unha rexión marcada historicamente polo florecemento e perpetuación do legado da civilización celta, ratificou a convención o 16 de setembro de 1991, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O conxunto arqueolóxico de Brú na Bóinne foi o primeiro lugar da República de Irlanda inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO na 17ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Cartaxena de Indias (Colombia) en 1993.[4] Irlanda conta con dous sitios inscritos como Patrimonio Mundial, sendo ámbolos dous de clasificación cultural.
Nº | Nome | Imaxe | Localización (condado) | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Brú na Bóinne – Conxunto Arqueolóxico do Val do Boyne | Meath | 1993 | 659; i, iii, iv (cultural) | O xacemento é un complexo de tumbas de cámara neolíticas, pedras en pé, henges e outros recintos prehistóricos, algúns que datan do século XXXV a.C. ao século XXXII a.C. O sitio foi construído con sofisticación e coñecemento da ciencia e da astronomía, o que é máis evidente na tumba de paso de Newgrange (na imaxe). Representa a maior concentración de arte megalítica prehistórica de Europa.[6] | |
02 | Sceilg Mhichíl | Kerry | 1996 | 757; iii, iv (cultural) | O mosteiro celta, que está situado case no cume dunha illa rochosa piramidal, foi fundado probablemente no século VII. Durante 600 anos, foi un centro de vida monástica para os monxes cristiáns irlandeses. Debido á extrema distancia, ata hai pouco desanimaba aos visitantes, polo que o lugar está excepcionalmente ben conservado. As condicións moi espartanas no interior do mosteiro ilustran o estilo de vida ascético que practicaban os primeiros cristiáns irlandeses. Os monxes vivían en cabanas de pedra (clocháns), pousadas sobre paredes de cantís case verticais.[7] | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.