xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
O xénero Passer é un dos máis estendidos e coñecidos entre os das aves da orde dos paseriformes (Passerifomes), ós que lles dá o nome.
Passer | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Passer domesticus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
A palabra latina Passer é tamén a orixe do termo galego "paxaro" co que se coñecen, en xeral, todas as aves de pequeno tamaño. O nome común galego para os membros do xénero Passer (e outros afíns) é o de pardal contra ao sur e gorrión no resto [1].
Aínda que orixinarias das zonas despexadas das rexións temperado cálidas de África, o Mediterráneo e o sur de Asia, moitas das súas especies convertéronse en animais tipicamente urbanos, colonizando gran parte das zonas habitadas do mundo. A especie máis común, Passer domesticus, é practicamente cosmopolita; crese que este pardal foi a primeira ave que colonizou o medio urbano en Mesopotamia, desde onde se expandiu á mesma velocidade que a do establecemento de novas cidades. Este proceso fíxose na maioría dos casos de forma allea á vontade humana, pero en tempos recentes introducíronse exemplares de forma deliberada nalgunhas zonas da África subsahariana, América e Australia.[2]
Trátase de aves de pequeno tamaño, de entre 10 e 20 cm de envergadura, gregarios, de coloracións de tons apagados (xeralmente pardos ou grises), que poden estar acompañados por manchas de cor negra, branca ou amarela. Moi afectos a vivir a expensas do ser humano, practicamente é posíbel encontralos en calquera parte do mundo, sempre próximos ao ser humano.[3]
A súa alimentación é fundamentalmente granívora, aínda que tamén consomen insectos e outros pequenos invertebrados, especialmente durante a época de cría, en primavera. Nas áreas urbanas devoran as migallas e outros pequenos restos de comida abandonados polos viandantes.[4]
Debido á súa proximidade ao ser humano, esta pequena ave encóntrase protexida de depredadores, coas excepción dos gatos domésticos e algunhas aves de presa de pouco talle.
Os machos son máis grandes e robustos que as femias, e están dotados dunha plumaxe cun apincarado máis elaborado; por exemplo, estes caracterízanse por teren a barbela e o bico escuro, mentres que as femias carecen da guedella negra e son máis agrisadas.
Durante a época de cría forman parellas que incuban de forma conxunta unha posta de até 8 ovos durante unhas dúas semanas. Tamén se ocupan ambos os pais de criar aos polos durante un período de 14 a 24 días, normalmente até que as crías aprenden a voar.
A continuación relaciónanse as especies recoñecidas polo Handbook of the Birds of the World,[5] excepto o pardal de Abd al Kuri, cuxa separación do pardal da Socotora foi recoñecida pola BirdLife International en 2010.[6] Ademais destas especies viventes, coñécense algúns fósiles cuestionábeis do mioceno temperán,[7] e a especie fósil do plistoceno medio Passer predomesticus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.