partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Camilo Nogueira |
Historia | |
Fundación | 1984 |
Disolución | 1996 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo democrático Federalismo Nacionalismo galego Socialdemocracia Ecoloxismo Pacifismo |
Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.
En 1993 formou con sectores galeguistas de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega. Ese mesmo ano o partido tiña un total de 1130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantes[1].
Eleccións | Votos | % | Deputados/concelleiros | Alcaldes |
---|---|---|---|---|
Eleccións municipais de 1983 en Galicia[lower-alpha 1] | 28.995 | 2,21% | 48 / 4.033 |
2 / 312 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 | 71.599 | 5,71% | 3 / 71 |
- |
Eleccións xerais de 1986 | 45.574 | 3,57% | 0 / 350 |
- |
Eleccións municipais de 1987 en Galicia | 57.062 | 4,25% | 60 / 4.040 |
1 / 312 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 | 50.047 | 3,79% | 2 / 75 |
- |
Eleccións xerais de 1989 | 34,.131 | 2,59% | 0 / 350 |
- |
Eleccións municipais de 1991 en Galicia | 39.116 | 2,83% | 48 / 4.033 |
1 / 313 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993[lower-alpha 2] | 44.902 | 3,09% | 0 / 75 |
- |
Eleccións xerais de 1993[lower-alpha 3] | 74.605 | 4,75% | 0 / 350 |
- |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.