especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Parthenium hysterophorus é unha especie de plantas anxiospermas da familia Asteraceae. É nativa da América tropical.[1][2][3][4][5] [6] É unha especie invasora común[7] na India,[8] Australia e partes de África.[5]
Parthenium hysterophorus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
|
Parthenium hysterophorus invade terras alteradas, incluíndo as beiras das estradas. Infesta os pastos e granxas, causando a miúdo perdas de rendemento desastrosas nas colleitas.[9][10][11][12][13] Nalgunhas áreas, fortes brotes desta planta estiveron moi estendidos, afectando ao gando e produción de colleitas e mesmo á saúde humana.[14][15]
A planta produce compostos alelopáticos que suprimen as plantas agrícolas e de pasto, e alérxenos que afectan a humanos e gando. Tamén causa frecuentemente alerxias por pole.[16] Un estudo publicado en 2021 mostrou que a planta podía promover a malaria ao fornecer refuxio e alimento moi aprezado polos mosquitos no leste de África.[17]
Está sendo investigada como un medio para eliminar metais pesados e tinguiduras do medio ambiente, control de malas herbas acuáticas, produción de encimas comercial, aditivo para o esterco na produción de biogás, como un biopesticida e como esterco verde e compost.[18]
A especie foi listada como unha especie allea invasora na Unión Europea. Isto significa que é ilegal importala ou vendela en toda a Unión Europea.[19]
O contacto coa planta causa dermatite e disfunción respiratoria en humanos e dermatite no gando vacún e outros animais domésticos. A principal substancia responsable é a partenina, que é perigosamente tóxica.[20][21][22] Tamén é responsable da enfermidade do leite amargo nas vacas cando o seu penso está contaminado con follas de Parthenium.[23]
Entre outros efectos alelopáticos da especie, a presenza de grans de pole de Parthenium inhibe a maduración dos froitos no tomate, berenxena, feixóns e outras plantas agrícolas.
As infestacións lixeiras de Parthenium hysterophorus en campos cultivados poden ser erradicadas con sachos ou eliminadas a man se hai dispoñibilidade de man de obra e o custo é aceptable.
Xeralmente a aplicación de herbicidas é cara e a miúdo nociva. Os sprays de Paraquat poden aplicarse mentes esta mala herba é nova. O glifosato non é efectivo contra esta especie.
O medio máis satisfactorio e prometedor de control a longo prazo práctico é o biolóxico. Varias especies que se alimentan da planta están a utilizarse ou en ensaio en varios países. O organismo para o control melloe establecido ata agora é o escaravello nativo de México, Zygogramma bicolorata, que se introduciu na India por primeira vez en 1984. Desde entón o animal espallouse e está ben establecido en todo o subcontinente. Defolia e a miúdo mata a planta e os danos que lle causa á planta reducen a súa produción de sementes.
En varios países, como Australia e Suráfrica, liberáronse outros axentes de biocontrol e están en avaliación. Entre estes están polo menos outras dúas especies de escaravellos liberados en Suráfrica, un gurgullo que perfora os talos da especie Listronotus setosipennis, e o gurgullo das sementes Smicronyx lutulentus.[24]
Tamén en Suráfrica, utilizáronse os fungos Puccinia abrupta var. partheniicola e Puccinia xanthii.[24]
En Australia, á parte dos mencionados, empregáronse ou foron avaliados outros axentes contra o Parthenium hysterophorus, ata un total de 11 especies desde 1980. Deses once, nove parece que se conseguiron establecer en varias rexións. Os dous cos efecos máis grandes parecen ser o escaravello Zygogramma bicolorata e a avelaíña que produce bugallos nos talos Epiblema strenuana. Porén, outras especies que parece que se estableceron son a avelaíña minadora das follas Bucculatrix parthenica, o gurgullo que forma bugallos no talo Conotrachelus albocinereus, e a avelaíña que perfora os talos Carmenta ithacae.[25]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.