Parlamento das Canarias
parlamento autonómicas From Wikipedia, the free encyclopedia
parlamento autonómicas From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parlamento das Canarias[1] é o órgano electo que exerce o poder lexislativo, aproba os orzamentos da comunidade autónoma das Canarias e impulsa e controla a acción do Goberno Canario. Representa, así mesmo, aos cidadáns das Canarias. A súa sede atópase en Santa Cruz de Tenerife.
Como no caso doutras rexións de España, a partir da Constitución de 1931 durante a Segunda República inténtase constituír unha comunidade autónoma nas Canarias coa presentación dun Estatuto. Os dous proxectos realizados pola Mancomunidade Provincial Interinsular de Santa Cruz de Tenerife, e o Colexio de Axentes Comerciais das Palmas, e o proxecto unificado posterior das dúas Mancomunidades Provinciais, prevían a creación dun Parlamento Canario. O estalido da Guerra Civil e o seu posterior desenvolvemento imposibilitaron, no entanto, a súa posta en práctica.[2]
O Parlamento das Canarias naceu trala aprobación do Estatuto de Autonomía das Canarias en 1982, aínda que anteriormente existía unha institución preautonómica que cumpría a súa función. O 30 de maio de 1983 realizou a súa primeira sesión na súa actual sede baixo a presidencia de Pedro Guerra Cabrera; en conmemoración, o 30 de maio de cada ano celébrase o Día das Canarias.
A Cámara está constituída por sesenta deputados autonómicos; as illas de Tenerife e Gran Canaria elixen 15 deputados cada unha, as illas de La Palma e Lanzarote 8 cada unha, Fuerteventura elixe 7 deputados, e La Gomera e El Hierro, 4 e 3 deputados respectivamente. Estes son elixidos por un prazo de catro anos por sufraxio universal, directo, igual, libre e segredo.
A distribución dos deputados por illas non se corresponde estritamente a un criterio de poboación, senón que se basea no que se chamou a tripla paridade. Esta consiste en que ambas provincias teñan igual número de deputados, que tamén ambas illas con capitais (Tenerife e Gran Canaria) teñan o mesmo número de deputados e que a suma dos deputados do resto das illas sexa o mesmo que o da suma dos de Tenerife e Gran Canaria. Esta distribución provoca o paradoxo de que dentro da mesma comunidade autónoma atópense varias das circunscrición electorais autonómicas con maior índice de representatividade de España e tamén algunhas das que ostentan un dos menores índices.
Durante a primeira sesión plenaria da lexislatura, trala celebración das eleccións elíxese, por maioría absoluta dos seus membros, un presidente, dous vicepresidentes e dous secretarios, que van constituír a Mesa. A Cámara, reúnese cada ano en dous ciclos ordinarios de sesións, de 120 días cada un, de marzo a xuño e de outubro a xaneiro.
O Parlamento pode traballar en Pleno ou en Comisións e conta cun Regulamento específico no que se dilucidan as características máis concretas das sesións, como son a formación de Grupos Parlamentario e o funcionamento da Deputación Permanente. Tamén responde a outros asuntos que afecten aos procedementos lexislativos ou de control político.
En principio, os acordos tómanse por maioría simple, a condición de que o Estatuto de Autonomía non estableza unhas condicións especiais que requiran doutros sistemas de maiorías.[3]
O Parlamento ten potestade, segundo queda establecido no artigo 13 do Estatuto de Autonomía das Canarias[3] de:
O edificio do Parlamento das Canarias, situado na céntrica rúa Teobaldo Power da cidade de Santa Cruz de Tenerife, foi proxectado polo arquitecto Manuel de Oraá en 1883. Desde que se construíse para albergar a sede da Sociedade Musical Santa Cecilia ata o seu presente uso como Parlamento das Canarias, serviu de lugar de reunión dos representantes da Deputación Provincial, os membros da Mancomunidade de Cabidos do Arquipélago e os maxistrados da Audiencia.
Foi en decembro de 1982 cando o Parlamento Provisional das Canarias instalouse neste edificio, compartindo durante os dous anos seguintes as súas instalacións co Conservatorio de Música que tiña alí a súa sede. Tras este período, o Conservatorio trasládase e o edificio convértese en sede definitiva e exclusiva do Parlamento das Canarias. Co fin de adaptarse aos seus novos cometidos, foi sufrindo numerosas remodelacións e ampliacións a través de diversos edificios históricos que rodean ao principal.
O Parlamento contén unha colección de obras de artistas como César Manrique, Pedro González, Félix Bordes, Pepe Dámaso ou José Abad. A espiral que se aprecia nas esculturas de Martín Chirino do patio e do tellado (esta creando un grande arco) constitúe o símbolo do Parlamento.
Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partido |
Antonio González González | 1977 | 1978 | Independente |
José Luis Tomás Mederos Aparicio | Xuño de 1980 | Xuño de 1981 | UCD |
Pedro Guerra Cabrera | 1982 | 30 de maio de 1983 | PSOE |
Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partido |
Pedro Guerra Cabrera | 30 de maio de 1983 | 15 de xullo de 1987 | PSOE |
Victoriano Ríos Pérez | 15 de xullo de 1987 | 27 de xuño de 1995 | CC |
José Miguel Bravo de Laguna Bermúdez | 27 de xuño de 1995 | 18 de xuño de 2003 | PP |
Gabriel Mato Adrover | 18 de xuño de 2003 | 25 de xuño de 2007 | PP |
Antonio Ángel Castro Cordobez | 25 de xuño de 2007 | Actualidade | CC |
Grupos parlamentarios no Parlamento das Canarias durante a VIII Lexislatura | ||||
Nome | Partido | Portavoz | Líder | Escanos |
Grupo Parlamentario Popular (PP) | PP | María Australia Navarro de Paz | José Manuel Soria López | 21 |
Grupo Parlamentario Rexionalista (CC) | CC | José Miguel Barragán Cabrera | Claudina Morales | 21 |
Grupo Parlamentario Socialista (PSIC-PSOE) | PSOE | Francisco Manuel Fajardo Palarea | José Miguel Pérez García | 15 |
Nueva Canarias(NC) | NC | Román Rodríguez Rodríguez | Román Rodríguez Rodríguez | 3 |
Titular | Cargo | Partido |
Antonio Ángel Castro Cordobez | Presidencia | Coalición Canaria |
Julio Cruz Hernández | Vicepresidente 1º | PSOE |
Manuel Fernández González | Vicepresidente 2º | PP |
José Miguel González Hernández | Secretaria 1º | Coalición Canaria |
Águeda Montelongo González | Secretaria 2º | PP |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.