Pandiónidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os pandiónidos (Pandionidae) constitúen unha familia de aves que comprende un único xénero, Pandion, as aguias peixeiras. En Galicia vive a especie Pandion haliaetus.[1][2] A maioría dos tratamentos taxonómicos consideran que neste xénero hai unha soa especie (P. haliaetus), dividida en subespecies, mentres que outros tratamentos recoñecen dúas especies actuais.
Pandiónidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aguia peixeira, Pandion haliaetus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Distribución global de Pandion |
Por exemplo, unha das subespecies estaría formada polas poboacións que viven nas costas e illas de Australia, Indonesia e sueste asiático, que se denominou Pandion haliaetus cristatus,[3] pero para outros esta subespecie constitúe a especie separada Pandion cristatus.[4][5]
Especies existentes:
- Pandion haliaetus, osprey, western osprey.
- Pandion cristatus, osprey, eastern osprey.
Especies extintas:
- Pandion homalopteron Warter 1976
- Pandion lovensis Becker 1985
O xénero Pandion, único da familia, foi descrito polo zoólogo francés Marie Jules César Savigny en 1809,[6] e deulle ese nome polo personaxe da mitoloxía grega Pandion. Algunhas clasificacións situárono, xunto coas aguias, na familia Accipitridae da orde Accipitriformes, e outras, xunto cos falcóns, na familia Falconidae, da orde Falconiformes, e agora está nunha familia propia. A taxonomía de Sibley-Ahlquist situounos xunto con outras aves de presa diúrnas na orde ampliada Ciconiiformes, pero isto viuse que era unha clasificación parafilética non natural.[7]