Pan de centeo
pan elaborado con fariña de centeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pan de centeo ou pan centeo[1] é un tipo de pan elaborado coa fariña de centeo (Secale cereale), a panificación mostra un miolo máis escuro que o clásico pan de trigo, é por esta razón pola que se denomina ás veces como pan negro. Na actualidade adóitase comercializar este pan con mesturas doutras fariñas co obxecto de mellorar as prestacións do miolo.
Trátase dun pan que posúe un alto grao de fibra alimenticia e que hoxe en día é moi popular. Na antigüidade era considerado un pan de xente humilde.[2] Caracterízase polo seu forte sabor e pola capacidade de permanecer comestible durante longos períodos de tempo.