po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais From Wikipedia, the free encyclopedia
A fariña é un po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais (especialmente trigo, millo etc). É o principal ingrediente do pan, o alimento básico en moitas partes do mundo. Tamén se obtén fariña dalgúns legumes e de froitos secos, como a soia e a améndoa.
A fariña é rica en amidón, que é un hidrato de carbono complexo. Cando a fariña se mestura con auga, o glute, unha proteína, actúa dándolle unha estrutura elástica á masa que permite "traballala" e que reteña burbullas de gas, o que resulta nunha textura final esponxosa. Este é un efecto buscado no pan, pasteis etc.
Algúns individuos padecen dunha intolerancia ao glute denominada celiaquía ou enfermidade celíaca, o que lles impide comer pan, pastas, pasteis ou calquera produto derivado do trigo, avea ou cebada, cereais que conteñen glute, pero hoxe pódense atopar no mercado produtos derivados de fariña sen glute.
Composición da fariña de trigo por cada 100 g:
Tipo | Integral | Refinada | Reforzada |
---|---|---|---|
Auga | 10,27 g | 11,92 g | 11,92 g |
Enerxía | 339 kcal | 364 kcal | 364 kcal |
Graxa | 1,87 g | 0,98 g | 0,98 g |
Proteína | 13,70 g | 15,40 g | 15,40 g |
Hidratos de carbono | 72,57 g | 76,31 g | 76,31 g |
Fibra | 12,2 g | 2,7 g | 2,7 g |
Potasio | 405 mg | 107 mg | 107 mg |
Fósforo | 346 mg | 108 mg | 108 mg |
Ferro | 4,64 mg | 3,88 mg | 4,64 mg |
Sodio | 5 mg | 2 mg | 2 mg |
Magnesio | 138 mg | 22 mg | 22 mg |
Calcio | 34 mg | 15 mg | 15 mg |
Cobre | 0,38 mg | 0,14 mg | 0,14 mg |
Cinc | 2,93 mg | 0,70 mg | 0,70 mg |
Manganeso | 3,79 mcg | 0,682 mcg | 0,682 mcg |
Vitamina C | 0 mg | 0 mg | 0 mg |
Vitamina A | 0 UI | 0 UI | 0 UI |
Vitamina B1 (Tiamina) | 0,4 mg | 0,1 mg | 0,7 mg |
Vitamina B2 ( Riboflavina) | 0,215 mg | 0,04 mg | 0,494 mg |
Vitamina B3 (Niacina) | 6,365 mg | 0 mg | 5,904 mg |
Vitamina B6 (Piridoxina) | 0,341 mg | 0,044 mg | 0,2 mg |
Vitamina E | 1,23 mg | 0,06 mg | 0,06 mg |
Ácido fólico | 44 mcg | 0 mcg | 128 mcg |
Fonte: Administración de Drogas dos EUA.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fariña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.