obxecto ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha palantír, en plural palantiri (en quenya (a lingua dos noldor) que significa ‘visión afastada’),[1] é un obxecto ficticio do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Trátase dunha pedra vidente, con forma esférica, que serve para ver acontecementos ou lugares arredados, ou, máis frecuentemente, para comunicarse co usuario doutra delas. Aparecen por primeira vez en A Irmandade do Anel, primeiro tomo de O Señor dos Aneis e trala morte de Tolkien publicouse un ensaio chamado «The palantíri» dentro da obra Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth no que se afonda en detalles da súa orixe, natureza e funcionamento. A miúdo tamén son chamadas «pedras videntes».
En sindarin Palantir tradúcese como "as que ven dende lonxe" (debido a que na obra original de Tolkien as Palantir son femininas), nome que deriva de palan- = «amplo e afastado» + -tir = «vixilancia ou gardián».
Trátanse de rochas negras puídas e esféricas. No seu interior podían verse escenas de cousas que estaban ocorrendo en sitios afastados e mesmo doutros tempos. O posuidor podía, se a súa vontade era forte, dirixir a visión cara algo da súa preferencia, pero o máis habitual era que cada pedra establecese contacto con algunha outra, e con iso podía manterse comunicación mental cos demais custodios.
As Palantíri foron fabricadas polos Noldor en Eldamar, que regalaron sete á Casa de Elendil, en Númenor. Sábese que en Tol Eressëa conservábase unha oitava pedra vidente (a pedra mestra) coa que Elendil mantiña comunicación cos elfos das Terras Imperecedoiras a través da Palantír que se mantiña nos Outeiros das Torres, ó oeste da Comarca, que só servía para este propósito.
Coa caída de Númenor, Elendil levounas á Terra Media e repartiunas por todo o seu reino. A principal delas foi colocada na Cúpula das Estrelas de Osgiliath. As outras foron distribuídas en Minas Ithil, Minas Anor, Orthanc, Annúminas, Elostirion e na Torre de Amon Sûl.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.