![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Casuarius_casuarius_Southern_Cassowary_Papua_New_Guinea_by_Nick_Hobgood.jpg/640px-Casuarius_casuarius_Southern_Cassowary_Papua_New_Guinea_by_Nick_Hobgood.jpg&w=640&q=50)
Palaeognathae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Palaeognathae (paleognatos[2]) constitúen un dos dous clados viventes en que se dividen as aves (o outro é o dos Neognathae). Xuntos, estes dous clados forman o clado dos Neornithes. Os Palaeognathae conteñen cinco ramas de aves non voadoras hoxe existentes e outros dous clados extintos, denominados ratites, e unha liñaxe voadora neotropical, os tinamús.[3][4] Existen 47 especies de tinamús, cinco de kiwis (Apteryx), tres de casuarios (Casuarius), unha de emús (Dromaius) (outra extinguiuse en tempos históricos), dúas de ñandús (Rhea) e dúas de avestruces (Struthio).[5] Investigacións recentes indican que os paleognatos son monofiléticos, pero a división taxonómica tracicional entre formas voadoras e non voadoras é incorrecta; os tinamús están dentro da radiación dos ratites, o que significa que a perda da capacidade de voar orixinouse independentemente múltiples veces por evolución paralela.[6]
Paleognatos Rango fósil: Cretáceo temperán – Holoceno[1] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Casuario da especie Casuarius casuarius | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
|
Hai tres grupos máis de aves extintas que son indiscutiblemente paleógnatas: os Lithornithiformes, os Dinornithiformes (moas) e os Aepyornithiformes (aves elefante). Outras aves extintas foron tamén aliadas coas Palaeognathae por polo menos un autor, mais as súas afinidades son discutidas.
A palabra Palaeognathae deriva do grego e significa 'mandúbula antiga', facendo referencia á anatomía esquelética do padal, que se describe como máis primitivo e máis reptiliano que o doutras aves.[7] As aves paleognatas manteñen algunhas características morfolóxicas basais, pero non son verdadeiros fósiles viventes, porque os seus xenomas continúan evolucionando a nivel de ADN baixo preisóns selectivas a taxas comparables á da rama Neognathae de aves viventes, aínda que hai certa disputa sobre as relacións precisas entre elas e as outras aves. Hai tamén outras polémicas científicas sobre a súa evolución (véxase máis abaixo).[8]