Palacio da Bolsa do Porto
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palacio da Bolsa do Porto, Portugal (en portugués, Palácio da Bolsa) é un edificio (pazo urbano) neoclásico que comezou a se construír en 1842 polo arquitecto Joaquim da Costa Lima como sede da Asociación Comercial do Porto. Atópase situado na Rúa Ferreira Borges, á beira da Igrexa de San Francisco (São Francisco), centro histórico da cidade, clasificado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.
Palacio da Bolsa do Porto | |
---|---|
Fachada do Palacio da Bolsa do Porto | |
Coordenadas | 41°08′29″N 8°36′56″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Planeado por Gonçalves de Sousa, salienta a ampla e pintoresca Sala Arábiga, inspirada no Palacio da Alhambra de Granada en España, cuxa construción empezou en 1862 onde a súa rica decoración se ve potenciada pola iluminación, que produce uns fermosos efectos cromáticos. Tamén están o Patio das Nacións (Pátio das Nações) completamente acristalado, a Sala do Presidente, a Biblioteca con máis de 10.000 volumes, as esculturas de Soares dos Reis e Teixeira Lopes e as pinturas de António Ramalho, Veloso Salgado, António Carneiro and Henrique Medina. É a sede da Cámara de Comercio e Industria do Porto.[1]
Serviu de recepción de grandes mandatarios e alberga diferentes eventos e actividades. É unha das atraccións arquitectónicas máis importantes da cidade, visitada por máis de 200.000 turistas ao ano. Está clasificado como Monumento Nacional.
Medidas das salas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.