Padroeiro
santo titular ou virxe que se considera protector dunha nación, localidade, grupo de persoas etc. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]