mestre budista indio do século VIII From Wikipedia, the free encyclopedia
Padmasambhava[1] (literalmente, "o que chegou a ser nun loto"), tamén coñecido como Guru Rinpoche, foi un mestre budista do século VIII do subcontinente indio. Aínda que houbo un Padmasambhava histórico, sábese pouco del á parte de que axudou na construción do primeiro mosteiro budista no Tíbet en Samye, a petición de Trisong Detsen,[2] e de que pouco despois abandonou o Tíbet debido ás intrigas da corte.[3]
Nome orixinal | (bo) པད་མ་འབྱུང་གནས་ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 717 (Gregoriano) Oddiyana (en) |
Morte | 762 (Gregoriano) (44/45 anos) |
Datos persoais | |
Relixión | Tantric Buddhism (en) |
Actividade | |
Ocupación | bhikkhu |
Profesores | Longku Dorjé Sempa (en) , Trawa Ha Ti (en) , Sri Singha (en) , Śākyaprabha (en) , Salwé Gyen (en) , Chomdendé Tamdrin (en) , Traktung Nakpo (en) e Dewa Sal Dzé (en) |
Alumnos | Nyak Lotsawa Yeshe Shyönnu../... 26+ (en) |
Lingua | Lingua tibetana |
Apareceron numerosas lendas arredor da vida e dos feitos de Padmasambhava, e é amplamente venerado como un "segundo Buda" polos seguidores do budismo tibetano.[4][5]
No budistmo tibetano é o protagonista dun xénero literario chamado terma,[3] que emana do Amitābha que se di que se apareceu aos tertöns en encontros visionarios e o centro da práctica do guru yoga, particularmente nas escolas do movemento Rimé. A escola Nyingma considera a Padmasambhava como o fundador da súa tradición.[6]
Unha das primeiras fontes para a figura histórica de Padmasambhava é o testamento de Ba, datado nos séculos IX ou X, que conta a fundación do mosteiro de Samye baixo o reinado de Trisong Detsen, que abrangue os anos 755–797/804).[7] Outros textos de Dunhuang mostra que as ensinanzas tántricas de Padmasambhava estaban a ser ensinadas no Tíbet durante o século X. Novas evidencias suxiren que Padmasambhava xa figuraba en mitos e rituais relixiosos, e probablemente era visto como a fonte iluminada das escrituras tántricas máis de douscentos anos antes de Nyima Özer (1136-1204).[8]
Segundo a tradición, Padmasambhava manifestouse como un raio de luz que proviña do corazón de Buda Amitābha, como un neno de oito anos que apareceu nunha flor de loto (en sánscrito: padma) sobre o lago Dhanakosha, situado en Oddhiyana.[9] Mentres algúns estudosos sitúan este reino no val do Swat no actual Paquistán, fixéronse estudos literarios, arqueolóxicos e iconográficos que o sitúan no actual estado de Odisha na India.[10] Foi atopado polo rei Indrabodhi, que como non tiña fillos o adoptou como tal.[11][12] Nunha ocasión, durante unha danza sagrada realizada fronte á corte, no seu delirio deixou escapar ou lanzou o seu tridente ritual (kathvanga) matando no acto a esposa e o fillo non nacido dun dos ministros do seu pai. Por esta razón foi desterrado da corte e residiu en cemiterios empregando o estilo dun iogui tántrico.
Tras recibir diversas ensinanzas das dakinis que residían nos cemiterios, atopou a súa primeira discípula e consorte, Mandarava, coa que desenvolveu o poder de transcender o ciclo do nacemento e da morte practicando na cova sagrada de Maratika[13] (norte do Nepal). A súa sona chegou ata Trisong Deutsen, 38.º rei do Tíbet, grazas á suxestión de Khenpo Bodhisattva, coñecido como o abade Shantarakshita, para axudar a controlar os espíritos malignos que se opuñan á construción do mosteiro de Samye provocando unha seca en Lhasa. O rei convidou a Padmasambhava ao Tíbet onde empregou os seus poderes tántricos para dominar as eidades malignas que atopou polo camiño e finalmente recibiu a esposa do emperador, identificada como a princesa tibetana dakini Yeshe Tsogyal, como discípula e consorte.[14] Isto concordaba co principio tántrico de non eliminar as forzas negativas, senón empregalas para reforzar a viaxe cara ao espertar espiritual.
Fundou o primeiro mosteiro no Tíbet en Samye, instruíu os primeiros monxes non Gran Selo ou Mahamudra, e introduciu os leigos na práctica do budismo tántrico (Vajrayana).[15]
En Bután, Padmasambhava está asociado ao célebre mosteiro de Taktshang ou gorida do tigre, construído nun cantil de cincocentos metros por riba da superficie do val de Paro. Voou ata alí dende o Tíbet na forma sutil de Dorje Trollo a lombos da súa consorte, Yeshe Tsogyal, a quen transformou nun tigre voador para a viaxe. Despois desprazouse ao distrito de Bumthang para apazugar unha poderosa deidade ofendida por un rei local.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.