![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Iglesia_de_San_Nicol%25C3%25A1s%252C_%25C3%2581msterdam%252C_Pa%25C3%25ADses_Bajos%252C_2016-05-30%252C_DD_04-06_HDR.jpg/640px-Iglesia_de_San_Nicol%25C3%25A1s%252C_%25C3%2581msterdam%252C_Pa%25C3%25ADses_Bajos%252C_2016-05-30%252C_DD_04-06_HDR.jpg&w=640&q=50)
Países Baixos
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Nederland (nl) ![]() | |||||
Himno | Het Wilhelmus (10 de maio de 1932) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Je maintiendrai (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos ![]() | ||||
Capital | Ámsterdam ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.590.672 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41.543 km² ![]() | ||||
Auga | 18,7 % ![]() | ||||
Bañado por | Mar do Norte, IJsselmeer (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis alto | Mount Scenery (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Zuidplaspolder (−6,76 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de xaneiro de 1795 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria monarquía constitucional ![]() | ||||
• King of the Netherlands (en) ![]() ![]() | Guillerme Alexandre de Orange-Nassau (2013–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Goberno dos Países Baixos ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Dick Schoof (2024–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Estados Xerais dos Países Baixos , ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Netherlands (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.011.798.853.062 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | UTC+01:00 (→ Países Baixos Europeus (pt) ![]() UTC+02:00 (→ Países Baixos Europeus (pt) ![]() ![]() | ||||
Dominio de primeiro nivel | .nl ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +31 e +599 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 911 ![]() | ||||
Código NUTS | NL ![]() | ||||
Páxina web | rijksoverheid.nl ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.
Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.