partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xosé Ramón Gómez Besteiro |
Mocidades | Xuventudes Socialistas de Galicia |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Galeguismo |
Posición política | Centroesquerda |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 9 / 75 |
Deputados por Galicia (Congreso) | 7 / 23 |
Senadores por Galicia | 4 / 19 |
Deputados provinciais en Galicia | 36 / 108 |
Alcaldías en Galicia | 111 / 313 |
Concelleiros en Galicia | 1.010 / 3.705 |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Na rede | |
psdeg-psoe.gal | |
Conta con 1.010 concelleiros e 111 alcaldías. Ademais ten 9 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 6 no Senado.
O PSOE en Galicia adoptou o nome de Partido Socialista de Galicia no Congreso Extraordinario de novembro de 1977 e por diversos contenciosos co Partido Socialista Galego modificou o seu nome en 1980 para adoptar o actual.
Tiña 25.423 militantes no ano 2000, tras unha depuración interna da listaxe de militancia no ano 2002 quedou reducida a 10.500. Segundo datos publicados o 6 de marzo de 2006 conta con 27.551 afiliados, deles 19.307 activos.
Nas eleccións do 2005, o PSdeG-PSOE acadou 25 parlamentarios. A través dun pacto cos nacionalistas galegos do BNG, conseguiu a presidencia da Xunta de Galicia: Emilio Pérez Touriño, daquela secretario xeral dos socialistas foi o presidente dun goberno de coalición. Nas eleccións de 2009 o PSdeG-PSOE tivo un retroceso en votos e, aínda que conservou o mesmo número de escanos, non lles foi abondo aos partidos do goberno para conservalo. O 2 de marzo de 2009, Emilio Pérez Touriño dimitía como secretario xeral, e un mes despois era substituído por Pachi Vázquez, quen dirixiu a formación dende o 24 de abril de 2009 ata 2013. Dende entón, o secretario xeral foi José Ramón Gómez Besteiro, ata a súa dimisión en 2016 polo caso das Torres Garañón, no que estaba imputado. A partir de entón, o partido está presidido por unha Comisión xestora.
O colectivo da mocidade do PSdeG-PSOE é as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.