From Wikipedia, the free encyclopedia
Otello é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, baseado na obra de teatro Othello, the Moor of Venice ("Otelo, o mouro de Venecia"), do dramaturgo inglés William Shakespeare. Foi a penúltima ópera de Verdi, e é considerada por moitos a súa maior traxedia, e é considerada, xunto con Aida (estreada en 1871) e Falstaff (estreada en 1893), como unha das obras mestras do compositor italia. A súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala, de Milán o 5 de febreiro de 1887. A obra ten como escenario a illa de Chipre a finais do século XV.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Arrigo Boito |
Fontes literarias | w. Shakespeare, Otelo |
Estrea | 5 de febeiro de 1887 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Otello (tenor dramático) |
Personaxes | Tesitura | Elenco na estrea o 5 de febreiro de 1887[3] (Director: Franco Faccio[4]) |
---|---|---|
Otelo, un xeneral mouro | tenor | Francesco Tamagno |
Desdémona, súa dona | soprano | Romilda Pantaleoni |
Yago, alférez de Otelo | barítono | Victor Maurel |
Emilia, dona de Yago e doncella de Desdémona | mezzosoprano | Ginevra Petrovich |
Casio, capitán de Otelo | tenor | Giovanni Paroli |
Roderigo, un cabaleiro de Venecia | tenor | Vincenzo Fornari |
Lodovico, embaixador da República Veneciana | baixo | Francesco Navarini |
Montano, anterior gobernador de Chipre | baixo | Napoleone Limonta |
Un heraldo | baixo | Angelo Lagomarsino |
Coro: soldados venecianos e mariñeiros; cidadáns e nenos chipriotas |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.