![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/The_Tall_T_%25281957_poster%2529.jpg/640px-The_Tall_T_%25281957_poster%2529.jpg&w=640&q=50)
Os prisioneiros
filme de 1957 dirixido por Budd Boetticher / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os prisioneiros (en inglés: The Tall T) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Richard Boone e Maureen O'Sullivan. Foi adaptado por Burt Kennedy a partir da historia curta de 1955 "The Captives" de Elmore Leonard. Conta a historia dun antigo capataz de rancho que é secuestrado xunto cunha herdeira, os cales son retidos por tres desapiadados foraxidos para pedir un rescate.[1] En 2000, Os prisioneiros foi escollido por National Film Registry dos Estados Unidos de América para ser conservado na Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."[2][3]
Datos rápidos Os prisioneiros, Ficha técnica ...
Os prisioneiros | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Tall T |
Director | Budd Boetticher |
Produtor | Harry Joe Brown |
Guión | Burt Kennedy |
Baseado en | "The Captives" historia curta en Argosy Magazine por Elmore Leonard |
Intérpretes |
|
Música | Heinz Roemheld |
Fotografía | Charles Lawton Jr. |
Montaxe | Al Clark |
Estudio | Producers-Actors Corporation Scott-Brown Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 78 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Wéstern |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
Estreouse en galego o 6 de xullo de 2008 a través da TVG.[4]