informe de 1972 encargado polo Club de Roma ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts From Wikipedia, the free encyclopedia
Os límites do crecemento (en inglés The Limits to Growth) é un informe encargado ao Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) polo Club de Roma que foi publicado en 1972, pouco antes da primeira crise do petróleo. A autora principal do informe, no cal colaboraron 17 profesionais, foi Donella Meadows, biofísica e científica ambiental, especializada en dinámica de sistemas.
Equipo de traballo - 1972 |
---|
Dr. Donella H. Meadows (USA) |
Prof. Dennis Meadows (USA) |
Dr. Jørgen Randers (Noruega) |
Farhad Hakimzadeh (Irán) |
Judith A. Machen (USA) |
Dr. Alison A. Anderson (USA) |
Nirmala S. Murthy (India) |
Ilyas Bayar (Turquía) |
Dr. John A. Seeger (USA) |
Dr. Erich Zahn (Alemaña) |
Dr. Jay M. Anderson (USA) |
Dr. William W. Behrens III (USA) |
Dr. Steffen Harbordt (Alemaña) |
Dr. Peter Milling (Alemaña) |
Dr. Roger F. Naill (USA) |
Stephen Schantzis (USA) |
Marilyn Williams (USA) |
A conclusión do informe de 1972 foi a seguinte: se o actual incremento da poboación mundial, a industrialización, a contaminación, a produción de alimentos e a explotación dos recursos naturais se mantén sen variación, alcanzará os límites absolutos de crecemento na Terra durante os próximos cen anos.
O informe baséase na simulación informática do programa World3, creado polos autores do informe co obxectivo de recrear o crecemento da poboación, o crecemento económico e o incremento da pegada ecolóxica da poboación sobre a terra nos próximos 100 anos, segundo os datos dispoñíbeis até a data. A tese principal do libro é que «nun planeta limitado, as dinámicas de crecemento exponencial (poboación e produto per cápita) non son sostíbeis». Así, o planeta pon límites ao crecemento, como os recursos naturais non renovábeis, a terra cultivábel finita, e a capacidade do ecosistema para absorber a polución causada polos seres humanos, entre outros.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os límites do crecemento |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.