zoólogo italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Oronzio Gabriele Costa, nado en Alessano, Lecce, Puglia, Reino de Nápoles, e finado o 26 de agosto de 1787 en Nápoles,[1] foi un médico e zoólogo italiano, especializado en entomoloxía.
Nome orixinal | (it) Oronzo Gabriele Costa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de agosto de 1787 Alessano, Puglia, Reino de Nápoles |
Morte | 7 de novembro de 1867 Nápoles, Reino de Italia |
Deputado do Reino de Italia | |
18 de febreiro de 1861 – 7 de setembro de 1865 Lexislatura: VIII lexislatura do Reino de Italia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | napolitana e, desde 1861, italiana |
Formación profesional | Medicina |
Educación | Universidade de Nápoles |
Actividade | |
Ocupación | médico, zoólogo, caterdrático de Universidade |
Empregador | Universidade de Nápoles |
Membro de | |
Lingua | italiano |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Costa |
Familia | |
Fillos | Achille, Giussepe |
Pais | Domenico Costa e Vita Manera |
Fillo de Domenico Costa e Vita Manera, trasladouse á cidade de Nápoles en 1808 para estudar Medicina na súa Universidade. Tras a súa graduación volveu a Lecce, exercendo a súa profesión no estudo de Pasquale Manni, que o introduciu na botánica e na historia natural.[1]
Tras sufrir persecución política pola súa adhesión ao goberno constitucional de 1820-21 regresou a Nápoles onde ocupou a cátedra de Zooloxía na Universidade. En 1849, de novo debido ás súas ideas políticas liberais, foi apartado do posto que lle foi devolto só despois da unificación de Italia, en 1861.[1]
Foi o fundador do Giornale meteorologico economico (anos 20 do século XIX), e da Accademia Degli Aspiranti Naturalisti (1841).
Escribiu 126 artigos sobre diversos temas, principalmente de entomoloxía, e en 1846 exerceu como presidente da Accademia Pontaniana en Nápoles.
Os seus dous fillos, Achille Costa e Giuseppe Costa, foron os dous coñecidos zoólogos. O primeiro deles sucedeuno como catedrático de Zooloxía na Universidade de Nápoles.
Existeu gran confusión polos detalles da publicación do seu traballo máis importante, a Fauna del Regno di Napoli (título completo: Fauna del Regno di Napoli, ossia, enumerazione di tutti gli animali che abitano le diversas rexións deste rexime e le acque che le bagnano), publicado postumamente, escrito en colaboración co seu fillo, Achille.[1][2][3][4] Taeger e Blank afirman que nalgúns dos traballos, Oronzio era só o editor, sendo Achille o autor real, cuxo nome aparece na páxina de título.[5]
As abreviuaturas Costa e O. G. Costa empréganse para recoñecer a Oronzio Gabriele Costa como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.