Organización Internacional do Traballo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Internacional do Traballo (OIT) é un organismo especializado das Nacións Unidas que se ocupa das cuestións relativas ó traballo e as relacións laborais. Foi fundada o 11 de abril de 1919, no marco das negociacións do Tratado de Versalles. A súa constitución, sancionada en 1919, compleméntase coa Declaración de Filadelfia de 1944. A OIT ten un goberno tripartito, integrado polos representantes dos gobernos, dos sindicatos e dos empregadores. O seu órgano supremo é a Conferencia Internacional, que se reúne anualmente en xuño. O seu órgano de administración é o Consello de Administración que se reúne cuadrimestralmente. Cada cinco anos o Consello de Administración elixe ó Director Xeral, encargado de dirixir a Oficina Internacional do Traballo e poñer en funcionamento as accións no terreo. Actualmente ocupa o cargo o chileno Juan Somavía, reelixido en 2003. A sede central encóntrase en Xenebra (Suíza). Está integrado por 180 estados nacionais. En 1969 recibiu o Premio Nobel da Paz.
OIT | |
---|---|
Tipo | Organismo das Nacións Unidas |
Fundación | 11 de abril de 1919 |
Matriz | Xenebra |
Localización | Suíza |
Persoas clave | Guy Ryder |
Na rede | |
https://www.ilo.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |