Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO en inglés; hebreo: ויצו: Vitzo) é unha organización sionista de mulleres voluntarias adicada ás políticas de benestar social en todos os sectores da sociedade israelí, o progreso da condición da muller e a educación en Israel e na diáspora xudía.
Organización Internacional de Mulleres Sionistas | |
---|---|
Acrónimo | WIZO |
Tipo | organización internacional, partido político, asociación de mulleres e organización non gobernamental internacional |
Data de fundación | 11 de xullo de 1920 |
Fundador(es) | Vera Weizmann |
Premios | Premio Israel |
Sede | Tel Aviv |
En | Tel Aviv |
País | Israel |
Na rede | |
http://www.wizo.org e http://www.wizo.org.il/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A WIZO fundouse en Inglaterra o 7 de xullo de 1920 por Rebecca Sieff, Vera Weizmann (muller do primeiro presidente de Israel , Chaim Weizmann), Edith Eder, Romana Goodman e Henrietta Irwell para proporcionar servizos comunitarios para os residentes do Mandato de Palestina. As orixes da organización están vinculados á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda.[1]
A WIZO abriu sucursais en varios lugares de Europa, coma a xestionada por Julia Batino en Macedonia, mais moitas foron pechadas tras a ocupación nazi e o Holocausto. As sucursais en Latinoamérica continuaron a operar durante a guerra.
En 1949, despois do establecemento do Estado de Israel, a WIZO trasladou a súa sede central a Israel e Sieff converteuse na presidenta da organización.[2] En 1963 Sieff foi substituída por Rosa Ginossar nas súas funcións de presidenta.[2] Outras antigas presidentas inclúen nomes coma os de Raya Jaglom e Michal Har'el Modai (Miss Israel e muller do político israelí Yitzhak Moda'i).
Evelyn Sommer (Presidenta de WIZO) e Ilana Ben Ami (Presidenta de WIZO Israel) tentaron negociar co presidente mexicano Luis Echeverría en 1975 para disuadilo das súas intencións de condenar o sionismo coma unha forma de racismo durante a Conferencia Mundial das Mulleres en México. A pesar das promesas de Echeverría, a Asemblea Xeral da ONU adoptou a resolución 3379 contra o sionismo, tras o impulso dos países árabes e o apoio do Movemento Non Aliñado e o bloque soviético. Dita resolución foi revogada en 1991 pola mesma ONU na Resolución 46/86.[3]
Entre os primeiros proxectos de benestar sociais da WIZO no Mandato de Palestina estivo o establecemento de clínicas infantís Tipat Halav e centros de distribución da roupa, moitos aínda operativos.[4] A WIZO abriu o primeiro centro de coidado de día do país en Tel Aviv no ano 1926.
En 2008, a WIZO, xunto con outras dúas organizacións de mulleres, recibiu o Premio de Israel pola súa contribución especial á sociedade e ao Estado de Israel.[5][6]
A WIZO formou un partido político e presentouse á Knesset nas primeiras eleccións de Israel en 1949, recibindo o 1,2% do voto. Obtivo un escano, o cal foi ocupado por Rachel Cohen-Kagan, a Presidente da WIZO naquel tempo. Máis tarde, Cohen-Kagan presentouse ás eleccións para o quinto Knesset formando parte do Partido Liberal, aínda que dentro dun subgrupo que saíu para formar os Liberais Independentes.[7]
Hogano, a WIZO xestiona 180 centros de atención diúrnos en Israel, ocupándose de 14.000 nenos de nais traballadoras, inmigrantes e familias necesitadas.[8] A organización tamén coordina campamentos de verán, cursos para familias monoparentais e marcos terapéuticos para nenos retirados dos seus fogares por encargo de tribunal.[9]
A WIZO é a día de hoxe a maior organización feminista sionista do mundo. En 2008, 36 países membros enviaron delegados a Israel para celebrar o 88º aniversario da organización.[10]
Desde 2024 a presidenta da WIZO Mundial é Anat Vidor.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.