Olleiras
From Wikipedia, the free encyclopedia
As olleiras, coñecidas en terminoloxía médica como "hipercromía idiopática do anel orbitario", refírense a unha alteración da coloración da pel baixo os ollos, causada pola produción excesiva de melanina e a dilatación dos capilares próximos á superficie da pel.[1]
Datos rápidos Sinónimo, Especialidade ...
Olleiras | |
---|---|
Olleiras nun home adulto | |
Sinónimo | Hipercromía idiopática do anel orbitario |
Especialidade | Dermatoloxía |
Síntomas | Alteración da coloración da pel baixo os ollos |
Causas | Herdanza xenética, falta de sono, cansazo, alerxia, tensión premenstrual |
Tratamento | Cremes de vitamina K, compresas frías, láser de kriptón, maquillaxe |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar
Estas alteracións adoitan seguir a anatomía do músculo orbicular dos ollos que rodea a órbita ocular.[2]