From Wikipedia, the free encyclopedia
A alerxia (do grego: αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico.[1] A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.
Alerxia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
A urticaria é un síntoma común da alerxia. | |
ICD-10 | T78.4 |
ICD-9 | 995.3 |
DiseasesDB | 33481 |
MedlinePlus | 000812 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A substancia á que se é alérxico denomínase "alérxeno", e os síntomas provocados son definidos como reaccións alérxicas. Cando un alérxeno penetra no organismo dun suxeito alérxico, o sistema inmunitario deste responde producindo unha gran cantidade de anticorpos. A sucesiva exposición ao mesmo alérxeno producirá a liberación de mediadores químicos, en particular a histamina, provocando a aparición dos síntomas típicos da reacción alérxica.
As alerxias son, segundo Gell e Coombs, de catro tipos:[2]
Cada un destes tipos pode presentarse con distintos graos de severidade. As alerxias alimentarias, por exemplo, afectan aproximadamente a un de cada dez menores en idade escolar e poden variar en intensidade, dende reaccións leves, como erupcións cutáneas ou malestar dixestivo, até casos graves que poden desencadear un shock anafiláctico e requiren atención médica inmediata.[3]
Entre os tratamentos para aliviar os síntomas das alerxias, a cetirizina, un antihistamínico de segunda xeración, é comunmente empregada para reducir os efectos da histamina no corpo.[4] Outros antihistamínicos como a loratadina e fexofenadina, tamén son eficaces para controlar a rinorrea, o proído e os espirros, con menos efectos secundarios que os antihistamínicos de primeira xeración como a difenhidramina.[5]
En casos de alerxias moderadas a graves, poden empregarse corticosteroides nasais para reducir a inflamación nasal.[6] Para as reaccións alérxicas cutáneas, poden ser útiles cremas con corticosteroides ou emolientes.[7] No caso de alerxias graves, como a anafilaxe, é fundamental a administración inmediata de epinefrina e a atención médica urxente.[8][9] A inmunoterapia, un tratamento a longo prazo que implica a exposición controlada a alérxenos, tamén pode ser considerada para reducir a sensibilidade do sistema inmunitario a determinados alérxenos.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.