From Wikipedia, the free encyclopedia
O Olimpia Milano, coñecido por motivos de patrocinio como EA7 Emporio Armani Milano, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Milán, a capital da Lombardía. Fundado en 1936 por Adolfo Bogoncelli, e actualmente propiedade de Giorgio Armani, é o club de baloncesto máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa. Actualmente xoga na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.
AX Armani Exchange Olimpia Milan | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA / Euroliga |
Fundación | 1936 |
Historia | Dopolavoro Borletti (1936−1947) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Pantaleo Dell'Orco |
Adestrador | Ettore Messina |
Patrocinador | EA7 Emporio Armani |
Localización | |
Cidade | Milán, Italia |
Pavillón | Forum di Milano |
Capacidade | 12 700 |
Inauguración | 26 de outubro de 1990 |
Campionatos | |
Euroliga | 3 (1966, 1987, 1988) |
Saporta | 3 (1971, 1972, 1976) |
Korać | 2 (1985, 1993) |
Liga | 29 (1936−1939, 1950−1954, 1957−1960, 1962−1963, 1965−1967, 1972, 1982, 1985−1987, 1989, 1996, 2014, 2016, 2018, 2022) |
Copa | 8 (1972, 1986, 1987, 1996, 2016, 2017, 2021, 2022) |
Suporcopa | 4 (2016, 2017, 2018, 2020) |
olimpiamilano.com |
As cores do uniforme habituais do Olimpia Milano son o vermello e o branco, e o equipo é ás veces coñecido como "Scarpette Rosse" (zapatos vermellos), isto é debido a que empregados do club importaban zapatillas Converse desa cor para os xogadores. Con todo, o club tamén é coñecido de diversos xeitos por mor dos seus patrocinadores, sendo os máis coñecidos Borletti, Simmenthal, Innocenti, Cinzano, Simac, Tracer, Phillips, Sony, Stefanel e o actual, Emporio Armani. O Olimpia Milano é o club italiano máis laureado, posuíndo nas súas vitrinas tres EuroLigas, vinte e sete Scudetti, seis Copas de Italia, unha Copa Intercontinental, tres Copas Saporta, dúas Copas Korać e outros moitos títulos menores. O equipo xoga os seus partidos coma local no Mediolanum Forum, un pavillón con capacidade para 12 700 espectadores.
En 1936 a cidade de Milán era o centro neurálxico do baloncesto transalpino, xunto con Boloña, Trieste, Venecia e, máis ao sur, Roma. así, dende Trieste chagaría á capital longobarda Adolfo Bogoncelli, que fundaría un club coñecido como Triestina Milano. Durante os seguintes anos á súa fundación a Triestina competiu modestamente á sombra doutros equipos da cidade como a Dopolavoro Borletti, habitual campión da liga nacional. En 1947 o equipo fusionaríase precisamente co equipo da fábrica Borletti, dando como resultado a creación dun novo club co nome de Olimpia. Con todo, os dirixentes do club decidiron manter, pese á fusión, a data de fundación en 1936, co que os títulos acadados polo Dopolavoro en solitario pasaron a figurar nas vitrinas do Olimpia.
Bogoncelli, coa súa visión de negocio, conseguiu que Borletti patrocinase ao equipo, sendo o primeiro patrocinador dun club deportivo da historia do deporte italiano, comezando unha etapa de profesionalización e recrutando aos mellores xogadores do país. Ademais disto comezou a traballar con novos xogadores dende os seus anos mozos. Algúns dos xogadores máis importantes desta época foron Cesare Rubini, Romeo Romanutti e Sergio Stefanini. Así, entre 1949 e 1954 a Olimpia lograba cinco ligas consecutivas. En 1956 produciríase o asentamento definitivo do equipo coa chegada dun novo patrocinador, Simmenthal. Co cambio chegaron dous novos xogadores, Adolfo Bogoncelli e Alfonso Sada, creando a un dos equipos míticos do deporte italiano: o Scarpette Rosse.
Os xogadores foráneos comezaron a xogar en Italia en 1957, mais isto non supuxo un troco na longa traxectoria de éxitos do Milano, que continuou a gañar a Lega con xogadores como Nane Vianello, Sandro Riminucci ou Pieri. Durante ás décadas de 1960 e 1970 tres equipos competiron pola supremacía do baloncesto europeo, o Olimpia Milano, o Ignis Varese e o Real Madrid. O Pallacanestro Varese e a Olimpia eran grandes rivais, separando tan só as cidades de Varese e Milán corenta quilómetros.
En 1966 a Olimpia conseguiría o seu primeiro título de campión de Europa. O partido, disputado en Boloña, enfrontaba o equipo de Milán fronte ao checoslovaco Slavia de Praga de Jiri Zidek. O Milán nesta época tivo a fortuna de contar con Bill Bradley (xogador dos New York Knicks durante os anos 1970, os cales retiraron o seu dorsal a modo de homenaxe) como estranxeiro só para a competición europea, xa que estudaba ao mesmo tempo en Oxford. Bradley formou unha coñecida parella de xogadores xunto a Duane "Skip" Thoren. Así, a Olimpia sumouse ao Real Madrid como principais referencias ante os equipos soviéticos. Un ano despois do título, en 1967, xogarían de novo a final, precisamente contra o Madrid, mais perdendo esta vez por 91-83.
Aínda que o Milano era habitualmente o campión da liga italiana non foi capaz de chegar gañar a prestixiosa Copa de Europa, a cal conseguiu durante os anos 1970 o Ignis Varese até en cinco ocasións despois de xogar dez finais consecutivas. A finais dos anos 1970, a calidade do seu xogo descendeu notablemente, con todo, o Olimpia aínda foi capaz de gañar unha Recopa de Europa. Na segunda metade desta década o club aínda seguiu contratando coñecidos xogadores como os xemelgos Boselli, Mike Silvester e Mike D'Antoni. Finalmente, o adestrados estadounidense Dan Peterson e un novo patrocinador levaron de volta a fama ao club, polo que en 1980 a familia Gabetti adquire o equipo. Un ano despois, chega ao club un xogador considerado un dos mellores europeos da historia, Dino Meneghin, chegando con el outros coñecidos xogadores como John Gianelli, Roberto Premier, Bob McAdoo, Joe Barry Carroll, Russ Schoene, Antoine Carr ou Mike Brown.
Durante os anos 1980, clasificáronse para nove finais da Lega, das cales gañaron cinco. O ano máis histórico para o club foi 1987 xa que o equipo gaña a Euroliga (que tamén gaña ao ano seguinte, 1988, ambas contra o Maccabi Tel Aviv), a LEGA Serie A, a Copa de Italia e a Copa Intercontinental, conseguindo o equipo a Tripla Coroa e mesmo a aínda menos habitual Cuádrupla Coroa.
Durante os anos 1990, liderados polo base serbio Saša Đorđević, o club gaña a súa segunda Copa Korać en 1993. Bepi Stefanel mercou o club en 1994, asinando a coñecidos xogadores como Dejan Bodiroga, Gregor Fučka, Sandro De Pol e Nando Gentile. En 1996, coincidindo co sesenta aniversario do club, o equipo gaña a Copa de Italia e o seu vixésimo quinto campionato de liga. Dende 1998 a 2004 o club tivo múltiples donos, incluíndo a Warren Kidd, Hugo Sconochini, Claudio Coldebella e Petar Naumoski. Porén, os actuais propietarios dende 2004 son o modisto Giorgio Armani, o xogador da NBA Kobe Bryant, Adriano Galliani (director do club de fútbol A.C. Milan), Massimo Moratti (presidente do club de fútbol Internazionale).
As cores do Olimpia Milano son o branco e o vermello. Normalmente o primeiro equipamento é de pantalón e camiseta branca con detalles vermellos. O segundo equipamento consiste nun pantalón e camiseta vermella con detalles brancos. A través dos anos, por mor de razóns de patrocinio, os deseños do equipamento, así como o nome do equipo trocaron. Así o Olimpia Milano foi coñecido ao longo de tempo como:[1]
EA7 Emporio Armani Milano 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|
|
Copa Intercontinental da FIBA
Supercopa de Italia
6 de outubro de 2015 | Boston Celtics | 124–91 | Olimpia Milano | Mediolanum Forum, Milán |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.