From Wikipedia, the free encyclopedia
Odón IV de Borgoña-ducado e Odón I de Borgoña-condado, nado en 1295 e finado en Sens en 1350, foi duque de Borgoña (1315 - 1349) por dereito propio e conde de Borgoña e Artois (1330 - 1347) por dereito da súa muller.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1295 (Gregoriano) |
Morte | 3 de abril de 1350 (Gregoriano) (54/55 anos) Sens, Francia |
Causa da morte | peste |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) |
Príncipe de Acaia | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Xoana III de Borgoña (1318 (Gregoriano)–) |
Fillos | Filipe de Borgoña |
Pais | Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, duquesa de Borgoña |
Irmáns | Margarida de Borgoña Xoana de Borgoña Branca de Borgoña e de Francia Lois de Borgoña Hugo V de Borgoña Marie de Borgoña |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza. Era irmán do duque Hugo V de Borgoña, ao que sucedeu.
Casou o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine coa condesa Xoana III de Borgoña, filla do rei Filipe V de Francia e da súa muller Xoana II de Borgoña. Desta unión naceron:
A morte do seu irmán máis vello en 1315 fíxoo herdeiro do Ducado de Borgoña.
Á morte do rei Lois X de Francia e do seu sucesor, Xoán I de Francia, apoiou as reivindicacións da filla do rei, Xoana de Francia, e sobriña do propio Odón IV, ao trono francés. Despois retirou o apoio á súa sobriña para poder casar coa filla do rei francés.
En xullo de 1346 puxo a Jean de Vienne e Enguerrand de Beaulo ao mando de Calais, ata que o 14 de agosto chegou Jean de Fosseux para asumir o mando da cidadela[1], que finalmente caeu en mans inglesas o 3 de agosto de 1347.
Odón IV de Borgoña faleceu en Sens o 3 de abril de 1350 e foi enterrado en Cîteaux. Debido á prematura morte do seu fillo, Filipe de Borgoña, sucedeuno o seu neto Filipe I de Borgoña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.