novela de Oscar Wilde From Wikipedia, the free encyclopedia
O retrato de Dorian Gray[1] (en inglés: The Picture of Dorian Gray) é unha novela filosófica do autor irlandés Oscar Wilde, publicada no Lippincott's Monthly Magazine o 20 de xuño de 1890.[2]
O retrato de Dorian Gray | |
---|---|
Portada da primeira edición. | |
Título orixinal | The Picture of Dorian Gray |
Autor/a | Oscar Wilde |
Orixe | Reino Unido e Irlanda |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Lippincott's Monthly Magazine Santiago: Edizer SCP |
Data de pub. | 1890 2008 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 226 |
ISBN | ISBN 978-84-936509-3-3 |
Tradución | Cristina Felpeto García |
[ editar datos en Wikidata ] |
A novela conta a historia dun mozo chamado Dorian Gray, retratado polo artista Basil Hallward, quen queda enormemente impresionado pola beleza física de Dorian e comeza a emperrecharse con el, crendo que esta beleza é a responsable da nova forma que toma a súa arte. Parolando no xardín de Basil, Dorian coñece a Lord Henry Wotton, un amigo de Basil, e comeza a cativarse pola visión do mundo de Lord Henry. Expondo un novo tipo de hedonismo, Lord Henry indica que "o único que paga a pena na vida é a beleza, e a satisfacción dos sentidos".
Ao darse conta de que un día a súa beleza desvanecerase, Dorian desexa ter sempre a idade de cando lle pintou no cadro Basil. O desexo de Dorian cúmprese, mentres el mantén para sempre a mesma aparencia do cadro, a figura nel retratada envellece por el. A súa procura do pracer lévao a unha serie de actos de libertinaxe e perversión; pero, o retrato serve como un recordatorio dos efectos de cada un dos actos cometidos sobre a súa alma, con cada pecado sendo exposto como unha desfiguración do seu rostro ou a través dun signo de envellecemento.
O retrato de Dorian Gray parte do argumento universal da eterna mocidade; no entanto, o verdadeiro tema central da novela é o narcisismo, xa que o personaxe principal posúe unha excesiva admiración en por si, ata o extremo de non desexar outra cousa que conservarse tal e como aparecía no cadro para sempre.
Non obstante, non se trata da primeira manifestación do narcisismo como tema nunha obra narrativa. Xa Ovidio incluíra dentro das súas Metamorfoses, o mito de Narciso. Dezanove séculos máis tarde, o poeta Paul Valery quedou fascinado por este mito, do mesmo xeito que o filósofo Gastón Bachelard, quen fai un estudo sobre o seu significado e o porqué do seu encanto dentro de A auga dos soños.
Outros autores falan do dandismo dentro da novela, pois varios personaxes distínguense pola súa elegancia e o seu bo ton. Os vínculos entre narcisismo e dandismo son evidentes, pero non falamos do mesmo. O exemplo do narcisista é Dorian Gray, mentres que un dandi pode ser Lord Henry, co seu xeito de comportarse e de falar tépedo. O fin supremo da vida para Lord Henry é a satisfacción dos desexos inmediatos, o cal leva a incluír dentro ao hedonismo cirenaico dentro das temáticas da novela. Esta filosofía de vida obsérvase nas alusións ao pracer que fai Lord Henry.
Todos estes temas aparecen na novela, pero sempre partindo do argumento universal da eterna mocidade. Ademais, trátanse outros aspectos como a decadencia tanto da sociedade (baixo o reinado de Vitoria I) como do personaxe de Dorian Gray e a corrupción da súa alma. Así mesmo, aparecen retratadas a vaidade, a arrogancia e a moral perversa e retorta da sociedade da época.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.