novela de H. G. Wells From Wikipedia, the free encyclopedia
O home invisible[1] (en inglés: The Invisible Man) é unha novela de ciencia ficción escrita por H.G. Wells. Orixinalmente serializada en Pearson's Weekly en 1897, foi publicada como unha novela ese mesmo ano. O home invisible do título é "Griffin", un científico dedicado á investigación da óptica que inventa un xeito de igualar o índice de refracción dos corpos co do ar polo que non absorben nin reflicten a luz e fainos invisible. Consegue con éxito levar a cabo este procedemente no seu propio corpo, mais erra no seu intento de revertelo. Un apaixonado de violencia aleatoria e irresponsable, Griffin converteuse nunha personaxe icónica do terror de ficción.[2] Malia que as obras anteriores de Wells, A máquina do tempo e A illa do doutor Moreau, foron escritas empregando narradores en primeira persoa, nesta ocasión emprega o punto de vista en terceira persoa.
O home invisible | |
---|---|
Cuberta da primeira edición. | |
Título orixinal | The Invisible Man |
Autor/a | H. G. Wells |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Colección | Grandes do noso tempo |
Xénero(s) | Ciencia ficción |
Editorial | C. Arthur Pearson Xerais |
Data de pub. | 1897 1991 |
Páxinas | 149 |
Tradución | Francisco Bedoya Díaz |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Francisco Bedoya Díaz e publicado por Xerais en 1991.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.