O espolio (El Greco)
Pintura de El Greco / From Wikipedia, the free encyclopedia
O espolio ou O despoxo das vestiduras de Cristo no Calvario é un cadro ó óleo pintado por El Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614), para a sancristía da catedral de Toledo. É unha pintura ó óleo sobre lenzo e mide 285 centímetros de atura e 173 centímetros de ancho. Foi realizada entre os anos 1577 e 1579 e aínda se conserva na sancristía da catedral. Está colocada como un retablo ó fondo da sala e está emmarcada por dúas columnas corintias de mármore.[1]
O espolio | |
---|---|
Artista | El Greco |
Data | aprox. 1577-1579 |
Técnica | Óleo sobre tela |
Dimensións | 285 cm × 173 cm |
Localización | Catedral de Toledo (Toledo) |
O resultado da composición da pintura non foi do gusto dos comitentes, xa que alegaron que teoloxicamente a testa de Cristo tería que ocupar a parte superior da pintura, sen que houbese ninguén que o superase e tamén se discutiu sobre a conveniencia de que aparezan as tres Marías nesta escena, xa que segundo capítulo catedralicio en ningún relato dos Evanxeos saen como presentes nesta escena.
De acordo con Manuel Bartolomé Cossío, este cadro é o máis poético e expresivo do artista, feito que supón un momento álxido da súa produción.[2] Para Josep Gudiol Ricart, é unha das mellores obras do pintor e unha obra capital da historia da pintura europea.[3]