O Páramo
concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
O Páramo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1484 habitantes (1823 no 2006, 1858 no 2005, 1887 no 2004, 1873 no 2003).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | O Páramo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.305 (2023) (17,4 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 75 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gumersindo Rodríguez Liz | ||||
Eleccións municipais no Páramo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27043 | ||||
Censo total | 1484 (2014) |
Menores de 15 anos | 115 (7,75 %) |
Entre 15 e 64 anos | 827 (55,73 %) |
Maiores de 65 anos | 542 (36,52 %) |
O concello do Páramo está situado ao sur da provincia de Lugo, e ten 74,8 km². A zona norte está situada na Chaira de Lugo[Cómpre referencia], a unha baixa altitude e cun relevo chan. A zona sur linda coa serra do Páramo, que se estende de suroeste a nordeste. Nela están as cumios máis altos do concello: o Monte do Páramo (876 m), o Monte Maior (792 m) e o Monte Novo (604 m).
O Páramo está situado na conca do río Miño, que serve de fronteira natural cos concellos de Portomarín e Guntín. O río Neira serve de fronteira polo norte. O río Sarria flúe polo leste do concello[Cómpre referencia].
O clima do Páramo pertence á variedade oceánica con tendencia á continentalización, con invernos frescos e veráns suaves, cunha temperatura media anual de 12 °C, con mínimas en xaneiro de 6 a 7 °C e máximas en agosto de 18 e 19 º, cunha amplitude térmica anual de case 13 °C.
As precipitacións son abundantes, con algo máis de 1.000 mm anuais, sendo decembro e xaneiro os meses máis húmidos e xullo e agosto os máis secos.
Segundo Manuel Amor Meilán, a primeira referencia escrita sobre as terras do Páramo data do concilio de Lugo celebrado en 569, onde se estableceron os límites dos once condados pertencentes á diocese de Lugo. O Condado Paramiensis, limitado pola confluencia do Sarria e o Neira polo noroeste, seguindo a marxe do Neira polo norte, o Miño polo oeste, e o Sil polo sur. Ademais de Sáa de Páramo, abranguía as parroquias de Vilasante, Ribeira, Chanca, Paradela e O Incio.
Na Idade Media existiu o convento de San Salvador do Páramo, xa existente no século X, segundo se le na carta de restauración da igrexa de San Xoán de Friolfe, datada en 910, asinada por catro abades, oito presbíteros, catro diáconos e sete testemuñas.
No ano 1255 Afonso X confirmou un privilexio que expedira en 1246, sendo infante, a favor da Orde Hospitalaria de Sarria, polo cal facía doazón de Páramo en Gallicia que yaze en onor de Sarria como parte de Riva de Neira.
En 1812, trala reordeación territorial, O Páramo intégrase na provincia única de Galicia. En 1822, coa división en catro provincias, e coa ordenación territorial de 1833, queda adscrito á nova provincia de Lugo.
Existen restos prehistóricos, coma os túmulos megalíticos achados na Parroquia de San André da Ribeira. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Friolfe, Gondrame, Moscán, Torre, Vilarmosteiro e Piñeiro. Consérvanse as medorras da Gándara e A Torre.
Do románico consérvanse as igrexas parroquiais de Grallás, Vilarmosteiro, Gondrame e Vileiriz. Esta última, do século XII, ten a ábsida rectangular. Outros templos menores son a capelas de Regueiroescuro ou a de Santa Engracia.
O pazo de Vilafiz ten planta rectangular. Conta cun pombal de cachotaría e cadeirado de granito nas esquinas, portas e ventás. A capela, situada a carón do pazo, ten un campanario barroco.
Outras construcións civís de importancia son o pazo de Paredes, a Torre de Neira (construída en 1849), a casa medieval de Sarmiento, a casa da Barreira, casa da Mámoa, casa Teixeiro, torre da Barreira e torre do Mariscal.
Na carballeira do Campo da Feira celébrase os días 10 e 25 a feira.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Páramo vexa: Lugares do Páramo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.