![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Souto_da_retortaI.png/640px-Souto_da_retortaI.png&w=640&q=50)
Souto da Retorta
souto en Chavín, Viveiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.[1][2]
Souto da Retorta | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Monumento natural, Árbore senlleira | ||
Ano de constitución: | 2000 | ||
Superficie: | 3,19 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 67/2007, do 22 de marzo. | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Lugo | ||
Concellos: | Viveiro | ||
Ríos: | río Landro | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos.[1] Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.
Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro.[1] O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.