capital de Nova Caledonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Nouméa é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. Atópase nunha península no sur da illa principal de Nova Caledonia, Grande Terre, e é o fogar da maioría da poboación europea da illa, polinesios ( Wallisiáns, Futuniáns, tahitianos), indonesios, e vietnamitas, tamén de moitos melanesios, Ni-Vanuatu e Kanakas que traballan nunha das cidades máis industrializada do Pacífico Sur. A cidade atópase nun porto protexido de augas profundas que serve como porto principal para Nova Caledonia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Territorio dependente | Nova Caledonia | |||
Province of New Caledonia (en) | Sud (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 96.082 (2019) (2.102,45 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 45,7 km² | |||
Altitude | 26 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Sonia Lagarde (pt) (2020–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98800 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | noumea.nc | |||
No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente.[1] O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.
A cidade está situada nunha península da parte suroccidental da illa de Nova Caledonia. Tamén é a maior cidade francófona de Oceanía. A poboación rolda os 100.00 habitantes que tornan uns 146.000 contando todo o contorno urbano. A cidade caracterízase pola súa multietnicidade, podendo encontrar diversas etnias: a metade dos habitantes é de orixe caldoque, pero tamén conta cunha forte proporción de orixe kanaka, asiáticos e polinesios.
O primeiro europeo en establecer un asentamento nas inmediacións foi o comerciante británico James Paddon en 1851. Ansioso de afirmar o control da illa, os franceses estableceron un asentamento nas proximidades tres anos despois en 1854, trasladándose desde Balade no norte da illa. Este asentamento chamouse inicialmente Port-de-France e pasou a chamarse Nouméa en 1866. A zona serviu primeiro como colonia penal, despois como centro para a exportación do níquel e ouro que extraíase nas proximidades.
Entre 1904 e 1940 Nouméa estivo ligada a Dumbéa e a Païta pola vía ferroviaria Nouméa-Païta, a única liña ferroviaria que existiu en Nova Caledonia.
Durante a segunda guerra mundial, Nouméa actuou como sede do exército dos Estados Unidos no Pacífico Sur. O complexo de cinco lados da sede militar dos Estados Unidos adoptouse despois da guerra como base dunha nova organización rexional de desenvolvemento intergubernamental: a Comisión do Pacífico Sur, máis tarde coñecida como Secretaría da Comunidade Pacífica, e máis tarde aínda como Comunidade do Pacífico.
A cidade mantén gran parte da mestura única de Nova Caledonia coa cultura francesa e antiga cultura melanesia. Aínda hoxe perdura a influencia militar de guerra dos Estados Unidos, tanto co calor que moitos neo-caledoneses senten cara aos Estados Unidos despois de experimentar a relativa amabilidade dos soldados americanos como cos nomes de varios dos barrios de Nouméa. Distritos como "Receiving" e "Robinson", ou mesmo "Motor Pool", golpean o oído angloparlarte, ata que o contexto histórico queda claro.
A zona urbana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa ) tiña no censo de agosto de 2014 unha poboación total de 179.509 habitantes, 99.926 dos cales vivían na comuna de Nouméa propiamente.[1]
A área urbana de Gran Nouméa está composta por catro comunas:
1956 | 1963 | 1969 | 1976 | 1983 | 1989 | 1996 | 2009 | 2014 | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nouméa (comuna) | 22,235 | 34,990 | 41,853 | 56,078 | 60,112 | 65,110 | 76,293 | 97,579 | 99,926 | |||
Gran Nouméa | 25,204 | 39,996 | 50,488 | 74,335 | 85,098 | 97,581 | 118,823 | 163,723 | 179,509 | |||
Cifras oficiais dos censos de poboación.[1][2] |
Crecemento medio da poboación da área urbana do Gran Nouméa:
Os lugares de nacemento dos 179.509 residentes na zona urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 eran os seguintes: [3] O 66,7% naceu en Nova Caledonia
As comunidades étnicas autodeclaradas dos 179.509 residentes na área urbana da Gran Nouméa no censo de 2014 foron as seguintes: [3]
No censo de 2009, o 98´7% da poboación na área urbana da Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declararon que podían falar francés. O 97´1% declarou que tamén o podía leelo e escribilo. Só o 1´3% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non sabía o francés.[4]
No mesmo censo, o 20´8% da poboación na área urbana do Gran Nouméa cuxa idade era de 15 anos ou máis declarou que podía falar polo menos unha das linguas kanaka. O 4,3% declarou que podía entender unha lingua kanaka pero non falala. O 74´9% da poboación cuxa idade era de 15 anos ou máis non tiña coñecemento de ningunha lingua Kanaka.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.